lunes, 22 de mayo de 2023

FAI CLIC NO TEU BOCATA en 1ºB!!!

 Xa estamos na segunda actividade do programa do Plan Proxecta Aliméntate Ben e toca poñer en práctica o aprendido sobre unha alimentación saudable: comer peixe varias veces á semana, mellor fresco que en conserva... pero vale xaque  mellor que nada! 

Con esta actividade titulada FAI CLIC NO TEU BOCATA, primeiro escoitamos atentamente a información da man dun dos monitores, logo fixemos uns xogos e para rematar elaboramos, coa axuda da cociñeira, cadaquén o seu bocata elexindo libremente os ingredintes entre varias opcións (pementos, cebola, atún, leituga, aceitunas, queixo ou sardiñas) ademais de lembrar a necesidade de tomar froita e verduras a diario. 

Aquí tamén nos presentaron as mascotas do proxecto:

E agora a xogar cos contidos aprendidos dunha boa e san alimentación:

E por último facer filas para elaborar o noso bocadillo, por iso dicimos FAI CLIC!!

E despois de facelo... a comeloooo!!!!


sábado, 20 de mayo de 2023

FAI CLIC AO TEU BOCATA - 4º E 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL.

O venres 19 de maio, o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil participou no obradoiro "Fai clic ao teu bocata" dentro do programa "Aliméntate ben". Para comezar, os nenos/as coñeceron aos protagonistas especiais PAN, LATA, BOTE, MOLDE, MILLO e TRILATA quen, ao longo dos talleres, ensinaron aos alumnos/as as propiedades e beneficios das conservas así como a importancia da súa inclusión na dieta habitual; xunto con outros alimentos (froitas, verduras, cereais, etc.). 


Os talleres nos que tiveron a oportunidade de participar foron: 

1º) un xogo de identificación e discriminación de tarxetas coa fin de distinguir entre os alimentos que resultan beneficiosos para o organismo e os que non. 

2º) un xogo de pesca co que se pretendía que os nenos/as identificasen produtos do mar que poden ser consumidos en conservas. 


3º) e finalmente, puideron elaborar un bocadillo san que, posteriormente, degustaron na aula cos seus compañeiros/as. No seu interior, podían poñerlle unha diversidade de alimentos: mexilóns e sardiñas en conserva, leituga, tomate, pemento, queixo, cebola... 


Que obradoiro máis entretido e canto aprendemos!

TI SI QUE ES UN BO PEIXE - EDUCACIÓN INFANTIL

O pasado 9 de maio, o alumnado de Educación Infantil, desfrutou do obradoiro "Ti si que es un bo peixe" dentro do programa "Aliméntate ben". Nel, os nenos/as tiveron a oportunidade de coñecer e identificar diferentes peixes e mariscos, artiluxios de pesca, oficios mariños (peixeira, científica, etc.) así como de descubrir os aspectos saudables do consumo de produtos frescos do mar. 



Así mesmo, puideron desfrutar da realización de dous xogos que tiñan por obxectivo a diferenciación entre un peixe e un marisco e, á súa vez, de diversas especies. Resultou unha xornada do máis enriquecedora, lúdica e amena! 



jueves, 18 de mayo de 2023

TI SI QUE ES UN BO PEIXE!!!

Os nenos e nenas de 1ºB estivemos nun obradoiro TI SI QUE ES UN BO PEIXE onde nos recomendaron unha alimentación moi chea de peixe e marisco...

                                          Sí, sí ...escoitastes ben!

 



Variado e rico marisco e querémosllo facer chegar as familias!!

Os produtos máis recomendados son os que debuxamos e moi ben para que non haxa confusións!!!

Ummmm! xa nos está entrando un apetito...!!!

E poñendo  en práctica e integrando as Tics  deseñamos uns puzzles con estes debuxos na app picturetopeople. Só tedes que imprimilo e recortalo:                              


ou con outras apps como puzzel.org que fan posible construir puzzles interactivos:

jueves, 11 de mayo de 2023

TI SI QUE ES UN BO PEIXE - 1º A E 1º B

  O martes 9 de maio o alumnado de 1ºA e 1ºB asistiu, dentro do Proxecto "Aliméntate ben", a un obradoiro que se levou a cabo no Salón de Actos do centro, e que lles permitiu adquirir coñecementos sobre diferentes especies mariñas (peixes, mariscos, algas), artes de pesca empregadas para a captura destas especies (cana, rede, cerco...), oficios vinculados á extracción de diferentes variedades do mar (mariñeiros, percebeiros, mariscadores...), lugares de venta e compra de peixes e mariscos (lonxas, peixerías, supermercados...), beneficios do consumo de peixes e mariscos frescos na nosa saúde (vitamina A, B12, C, fósforo, potasio...) e ata aprendeu algunhas receitas de cociña que fan estos produtos máis apetitosos para os nosos rapaces e rapazas.

Toda esta información foille presentada ao alumnado a través de fotografías, paneis, videos e xogos. Tamén recibiron un pequeno agasallo que lles lembre a súa participación nesta iniciativa.

En definitiva, foi unha actividade lúdico-formativa moi interesante e atractiva que ademais de darlles a coñecer diversos aspectos relacionados co mar e as súas especies, incide na importancia do consumo de peixes e mariscos para acadar unha dieta saudable e equilibrada.





miércoles, 10 de mayo de 2023

TI SI QUE ES UN BO PEIXE (4º e 5º EP)

 

Este é un programa creado pola Consellería do Mar co obxectivo de facilitar aos nenos e nenas o coñecemento e consumo de produtos frescos do mar de Galicia e incidir e equilibrar as súas dietas alimentarias.

O alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria participou neste programa cun taller que deu a coñecer os aspectos saudables do consumo de produtos do mar.

Os nenos e nenas descubriron múltiples vantaxes do consumo equilibrado de produtos do mar. Centráronse sobre todo en 9 especies diversas do mundo mariño que gracias ás súas propiedades nutritivas teñen un gran efecto positivo no noso organismo.

Estas foron: percebe, linguado, robaliza, sardiña, pescada, peixe sapo, argazo, nécora e vieira.

Ademais, aprendemos máis sobre as formas de pesca, os tipos de pesca, como criar peixes para comer… e rematamos o obradoiro realizando puzles coas imaxes das noves especies estudadas.

Foi moi divertido e aprendemos moitísimas cousas!





PRATOS SAUDABLES EN 4º EP

 

Os nenos e nenas de 4º de EP intentamos responder á cuestión: cal é a clave dunha alimentación sa e equilibrada?

Aprendemos que todo ten que ver co balance entre a cantidade e calidade dos alimentos.

Ademais, vimos que é moi importante que comamos de todo,  pero de maneira moderada e equilibrada, e que se lle dea prioridade aos alimentos máis naturais e sanos, como verduras e froitas, ademais de que se eviten os azúcares  e os alimentos procesados.

Cada un elaborou un menú dun prato único intentando que tivera alimentos de todos os grupos de maneira equilibrada. Quedaron así de saborosos!