sábado, 20 de mayo de 2023

FAI CLIC AO TEU BOCATA - 4º E 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL.

O venres 19 de maio, o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil participou no obradoiro "Fai clic ao teu bocata" dentro do programa "Aliméntate ben". Para comezar, os nenos/as coñeceron aos protagonistas especiais PAN, LATA, BOTE, MOLDE, MILLO e TRILATA quen, ao longo dos talleres, ensinaron aos alumnos/as as propiedades e beneficios das conservas así como a importancia da súa inclusión na dieta habitual; xunto con outros alimentos (froitas, verduras, cereais, etc.). 


Os talleres nos que tiveron a oportunidade de participar foron: 

1º) un xogo de identificación e discriminación de tarxetas coa fin de distinguir entre os alimentos que resultan beneficiosos para o organismo e os que non. 

2º) un xogo de pesca co que se pretendía que os nenos/as identificasen produtos do mar que poden ser consumidos en conservas. 


3º) e finalmente, puideron elaborar un bocadillo san que, posteriormente, degustaron na aula cos seus compañeiros/as. No seu interior, podían poñerlle unha diversidade de alimentos: mexilóns e sardiñas en conserva, leituga, tomate, pemento, queixo, cebola... 


Que obradoiro máis entretido e canto aprendemos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario