jueves, 28 de mayo de 2020

O ARMLUELLE ROJO MEDRA NO NOSO HORTO


No noso horto, os caracois deixaron unha das plantas aromáticas, o ARMUELLE ROJO. Averigua sobre esta planta e fai un pequeño traballo sobre ela. 
O alumnado de 6º B fixo o seu traballo sobre o ARMUELLE ROJO.










lunes, 18 de mayo de 2020

viernes, 15 de mayo de 2020

IDEA A TÚA LATA DE CONSERVAS

Despois de tanto peixe, propóñovos idear a vosa lata, só tes que elexir a túa conserva e mans á obra, seguro que queda chulísima. Recoméndoche que imprimas en cartulina.
Aquí tes o modelo 
Nota: todos os traballos que fagades, enviaranse ao correo do cole, desta actividade en concreto ou de calquera das outras que se propoñen sobre este tema. 
ceip.arzua@edu.xunta.es

Aquí está a lata de Alberte, de 3º de primaria, feita con cartón. Chulísima!
Ameixas



Germán, de 6º A de primaria, fixo a lata de sardiñas en aceite de oliva.



Esta é a que fixo Markel, de 6º A de primaria





Bonito do Norte

A lata de Quique de 6º A de primaria

A lata de Martín de 6º A


A lata de Marta de 6º A














OS ARROASES DARANCHE MOMENTOS DIVERTÍDOS (lecturas, xogos e receitas en familia)

Os Arroases

Acordádesvos dos Arroases? Fixéronvos pasar unha agradable xornada no cole! Ïmolos recordar.

Os Arroases son unha cuadrilla de 7 nenos e nenas que coñecen moi ben a importancia de comer peixe.

Resultado de imagen de Os arroases a súa primeira aventura

Agora imos vivir aventuras con eles, pero despois tedes que contalas de xeito resumido e poñendo moita cor no voso traballo. Ánimo que seguro que quedan chulísimos. Empezade poloa primeira!

Os arroases e a súa primeira aventura
Os arroases e a súa segunda aventura

Agora mirade que receitas mais saborosas podemos facer co peixe ou marisco. Animádevos e facede unha que vos guste a vós. 
                                                                                   
XOGA E DIVÍRTETE COS ARROASES AQUÍ

Receitas

Riquísimas receitas moi doadas de facer

                                                                                                                                                  Preme aquí

Algunhas receitas de 6º A de primaria

Germán, de 6º A: PIZZA CASEIRA DE ATUN E OVO



A receita de Markel:  MINI PIZZAS         
     
INGREDIENTES:     

  • Pan de pita integral.
  • Salsa de tomate natural.
  • Orégano.
  • Atún o bonito en aceite de oliva.
  • Queixo de Arzúa/ Ulloa.

PREPARACIÓN:

       Primeiro lavámonos as mans, de seguido mollamos un pouquiño o pan e metémolo na tostadora. Entre tanto cortamos o queixo en anacos pequenos e quitamos o aceite do atún.
     Cando temos o pan listo, abrímolo e untamos nel a salsa de tomate, añadimos un pouquiño de orégano e media lata pequeña de atún en cada mitad, por riba colocamos os anacos de queixo.
        Metemos as nosas pizzas no microondas 1 minuto (ata que funda o queixo) e xa temos lista a nosa cea.

A receita de Ainara



A receita de Martín de 6º A

A receita de Marta de 6º A

A receita de Quique de 6º A







MATERIAIS PARA TRABALLAR NO PLAN PROXECTA: IMOS DE PESCA AO MAR

Tendo en conta a situación que estamos a vivir e contando ademais con que o centro está a participar no Plan Proxecta en diferentes cursos, as coordinadoras dos programas "Aliméntate ben" e "Sustentabilidade e paisaxe" propoñemos unha serie de actividades para que dun xeito entretido, os nenos e nenas, poidan aprender un pouquiño sobre estes temas. Esta vez vai relacionado co mundo da costa, un pouco máis lonxe de nós e que seguramente descoñecemos máis. Os nenos e nenas poden pasar momentos agradables e ao mesmo tempo estarán aprendendo cousas novas, co obxectivo de familiarizarse co mundo da pesca e da acuicultura para aumentar o seu coñecemento e interese por este produto.
Preme na imaxe e descarga.


Mirade este vídeo, nel poderedes ver os tipos de pesca e as técnicas que se empregan para pescar:



Disfrutade tamén con estes outros, para aprender máis cousas e logo poder facer o voso traballo.


Vídeos 360º Vivir a experiencia de distintas profesións do mar dunha maneira directa a través da visualización en 360º desprazándose pola pantalla do ordenador para visualizalo desde diferente puntos de vista (preme no botón esquerdo do rato e móvete ata 360º nos vídeos. Poderemos coñecer: 
Vídeos de artes: Imos de pesca

Se queredes coñecer o peirao, aquí o tedes.

Imaxe do peirao virtual

Coñezo o peirao Con esta actividade interactiva que tes que descargar vas pinchando nas diferentes imaxes e aparecerá información de cada unha delas. 

Agora sí que chegou o momento de traballar un pouquiño e demostrar todo o que aprendestes con esta información proporcionada.

O voso traballo consistirá en responder ás seguintes preguntas e, para que quede un traballo bonito podédelas acompañar con debuxos:
1. Que é a acuicultura?
2. Nomea peixes e mariscos e as técnicas que se empregan para capturalos. Como se chama a persoa que os captura?
3. Que tipos de pesca existen?
4. Que é o marisqueo? Tipos e diferenzas entre cada un deles.


Traballo de Markel de 6º A

Traballo de Martín de 6º A




domingo, 10 de mayo de 2020

IDENTIFICANDO AS ÁRBORES FROITEIRAS NA PRIMAVERA

O alumnado de 5º e 6º fixo unha actividade para responder a outro dos obxectivos do programa: "IDENTIFICANDO AS ÁRBORES FROITEIRAS". O traballo consistía en identificar árbores da nosa contorna a partir das súas follas e dos seus froitos, se os teñen. Para levala a cabo facilitáronselle algunhas láminas de diferentes especies que logo eles tiñan que completar con algunha máis, ademais de buscar información sobre aquelas que lles eran menos coñecidas. O resultado foi enriquecedor tanto polo contido como polos diferentes formatos nos que foi presentado: algúns elixiron facer unha presentación, outros colorear as láminas, algún incluso aportou follas e froitos das súas propias árbores. A verdade é que se convertiron en auténticos expertos e expertas da flora da súa contorna. Aquí vos deixamos os seus magníficos traballos:











lunes, 4 de mayo de 2020