jueves, 27 de febrero de 2020

TRABALLANDO NA RECICLAXE NA AULA DE PT


Un dos obxectivos do noso programa é o de introducir ao alumnado na reciclaxe a partir dos envases dos lácteos e das conservas, polo que na aula de PT traballamos a reciclaxe e o coidado do medio ambiente a partir de lecturas funcionais e traballando cos nosos colectores de aula. Unha actividade que, levada á vida real contribúe a poñer en práctica o aprendido nos proxectos do centro.










miércoles, 19 de febrero de 2020

Plantando sementes

Os nenos e nenas de infantil de 3 anos A plantan as sementes das froitas que merendan no cole. Agora, toca armarse de paciencia e esperar para irmos observando como medran as nosas árbores froiteiras e os coidados que necesitan.


martes, 18 de febrero de 2020

Obradoiro: O sabor da aventura está no mar

O venres 14 de febreiro, tivo lugar no noso centro o obradoiro "O sabor da aventura está no mar"  no que os auténticos protagonistas son a Pandilla dos Arroases, uns nen@s moi especiais, que lles gusta tanto comer peixe que os peixes que comen lles dan superpoderes.

Todo isto foi explicado por:
- Luis, o mariñeiro
- Mariña, a cociñeira
- Balbina, a científica

Coñecemos como se chaman estes nen@s, vimos que peixe comen e o máis importante, Balbina explicounos que superpoder nos da comer cada peixe.
Os peixes e mariscos son: 
- O xurelo danos mellor humor.
- O lirio danos tranquilidade.
- A pescada danos enerxía.
- A sardiña danos forza.
- O rodaballo danos axilidade.
- A troita danos mellor visión.
- Os mexilóns dannos intelixencia.












Pero... antes de comer estes peixes e mariscos hai que pescalos...e...como fan os mariñeiros para coller eses peixes? Luis, o mariñeiro explicounos as artes de pesca, que segundo sexan os peixes,pequenos ou grandes, utilizamos unhas ou outras. Así, Luis utiliza a rede para pescar peixes pequenos e coller moitos ao mesmo tempo. Pero...os peixes moi pequeniños non se poden coller e por eso saen polos buracos da rede. Explicounos tamén como botar a rede.
Os peixes grandes pesan moito e a rede non vale para pescalos, por iso utilizamos a cana (con anzol) pero sería moi lento ir de un en un. Por iso utilizamos a palangre, que pode ter ata 50 anzois por corda. Os nenos e nenas de infantil de 3 anos A, 5 anos B e 1º de primaria probaron a pesca con cana.



















Pasárono xenial e recibiron dous agasallos, un chaveiro flotante e un sombreiro para a auga.


O alumnado de 3º e 4º fixeron o xogo da "oca dos Arroases"







O alumnado de 3º de primaria, despois de participar neste obradoiro, tamén traballou na aula coas artes de pesca. Vede as imaxes.