jueves, 26 de mayo de 2022

TI SI QUE ES UN BO PEIXE!

 

Os rapaces e rapazas de 3º e 5º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de realizar unha visita a Ribeira dentro do proxecto “Ti si que es un bo peixe” que se inclúe no Programa Aliménta-t ben.

Realizamos diversas actividades das que aprendemos moitísimo:

En primeiro lugar, visitamos a nave de redeiros onde puidemos ver as distintas artes que montan, para que se usan e os diferentes útiles de traballo.



A continuación, visitamos a máquina de xeo, un dos edificios máis importantes do porto, xa que gracias a el os compradores e pescadores poden manter o produto pesqueiro en óptimas condicións.



Logo, visitamos o porto, cun percorrido para coñecer as principais actividades pesqueiras, os distintos tipos de embarcacións, as especies que capturan, os aparellos que empregan, etc.



Tamén coñecemos  as instalación da lonxa, as salas de exposición e venda de produtos de mar, a información que proporciona o etiquetado dos produtos pesqueiros, a preparación do peixe nas naves de empresas distribuidoras, e asistimos a unha poxa ficticia.








Por último, coa finalidade de coñecer os alimentos do mar desde o punto de vista culinario, entregóuselle a cada participante unha bolsiña coas preparacións realizadas a base de peixe, a sobremesa e a bebida. Con isto, fixeron unha pequena explicación das propiedades nutricionais do peixe adaptadas a cada idade.




O día rematou da mellor maneira. Xantamos á beira da Praia, xogamos no parque e xogamos na area.






Foi unha xornada estupenda!

jueves, 19 de mayo de 2022

INFOGRAFÍA "Hábitos saudables" en 3º EP

 

Os rapaces e rapazas de terceiro aprendemos a facer unha infografía, neste caso relacionada cos “Hábitos saudables” da alimentación.

Unha infografía é unha exposición dun tema a través de textos breves e sencillos, e co apoio de diferentes tipos de ilustracións, cores e letras.




LIBRO DE RECEITAS EN 3º EP

 

O alumnado de 3º de Educación Primaria elaborou un libro de receitas.

Cada neno e nena escribiu unha receita seguindo os seus pasos: nome da receita, listado de ingredientes e o método de preparación.

 Tamén aprendemos outros aspectos importantes que completan unha receita ben presentada: breve descrición, tempo de cocción, número de porcións, algunas notas finais ou os utensilios a empregar.

Finalmente cada un/unha contou a súa receita aos seus compañeiros e compañeiras.

Foi un día ben saboroso!



miércoles, 18 de mayo de 2022

TALLER DE RECICLAXE E COMPOSTAXE

 


O día 18 de maio, o alumnado de 1º de primaria levou a cabo un taller de Reciclaxe a través do Concello de Arzúa.

Puede ser una imagen de 8 personas, personas de pie e interior

Por que é importante reciclar?

Tratáronse temas como:

Os seres vivos dependen de como nós cuidemos o planeta.

Deforestación, arrancando árbores dun xeito non respetuoso co medio ambiente.

Reciclar papel

Restos de comida 

Composteiro

Leváronse a cabo actividades por grupos:

- Repartíronse fichas para facer en grupo sobre os contidos expostos: entrega de residuos para colorear e meter no contedor que corresponda e poñer o nome do contedor.

- Actividade de compostaxe: buscar bichiños no compost coa axuda de lupas, guantes e pauciños.

TALLER DE RECICLAXE E COMPOSTAXE

 O día 18 de maio, o alumnado de 1º de primaria levou a cabo un taller de Reciclaxe e Compostaxe a través do Concello de Arzúa.

Puede ser una imagen de 8 personas, personas de pie e interior

Por que é importante reciclar?

Tratáronse temas como:

Os seres vivos dependen de como nós cuidemos o planeta.

Deforestación, arrancando árbores dun xeito non respetuoso co medio ambiente.

Reciclar papel

Restos de comida 

Composteiro

Leváronse a cabo actividades por grupos:

- Repartíronse fichas para facer en grupo sobre os contidos expostos: entrega de residuos para colorear e meter no contedor que corresponda e poñer o nome do contedor.

- Actividade de compostaxe: buscar bichiños no compost coa axuda de lupas, guantes e pauciños.

jueves, 12 de mayo de 2022

MINIHORTO DE 2º B

Na materia de Valores, o alumnado de 2º B segue a traballar o compromiso co coidado do medio e a agricultura sostible. Por iso, e aproveitando o novo carro de cultivo recibido no centro, comezaron co seu Minihorto, co que están a coñecer as plantas da horta e o seu proceso de xerminación. 

Resúltalles moi divertido!

















COLLEITA DE AMORODOS

O alumnado de Valores de 2º B, no invernadoiro do colexio, recolecta a colleita de amorodos que levan coidando desde que os plantaron o curso pasado. E que ben se lles están dando.












CARRIÑO DE CULTIVO

Estamos de noraboa!!! 

O noso centro foi seleccionado como beneficiario da medida de acompañamento do "Programa escolar de consumo de froitas" do curso 2021/22, que consiste nun carriño de cultivo cos seus complementos, que nos envía o Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).