sábado, 6 de abril de 2024

TALLER SENSORIAL FRUTÍFERO - 4 ANOS B

Á volta das vacacións de Semana Santa, o alumnado de 5º de Educación Infantil B, comezamos a traballar o continente de Oceanía. En base a iso, o pasado xoves 4 de abril, realizamos un taller sensorial coa fin de descubrir, por medio da estimulación dos sentidos (especialmente tacto, gusto e olfato), diferentes froitas típicas de alí. Así poidemos experimentar o olor, o sabor e o tacto de alimentos como o coco, a piña e o plátano; entre outros. Ata descubrimos un cereal intruso: o arroz! Finalmente, profundamos na importancia da inxesta destes alimentos para o noso organismo. 

jueves, 4 de abril de 2024

ALIMENTACIÓN SAUDABLE_ 4ºA

 O alumnado de 4º A, en relación ao proxecto "Aliméntate ben", na área de Ciencias da Natureza e de Educación Plástica, realizou dúas actividades relacionadas coa alimentación saudable. 

ACTIVIDADE 1: PRATO DE HARVARD

Cada alumno/a da clase deseñou o seu prato de Harvard. A través deste método distribuimos de forma equilibrada todos os alimentos. Dividimos o prato en tres partes: 50% verduras, hortalizas e froitas, 25% proteínas e 25 % hidratos de carbono. 

ACTIVIDADE 2: CLASIFICACIÓN DE ALIMENTOS

Elaboraron na clase un mural sobre os alimentos. Nel aparecían os alimentos clasificados segundo a súa orixe, a súa función e os tipos de alimentos. Para a súa preparación escollimos imaxes de diferentes folletos de supermercados co obxectivo de relacionar esta actividade coa súa vida real. Agora, son capaces de identificar os alimentos saudables e os ultraprocesados. 



miércoles, 3 de abril de 2024

PRATO DE HARVARD_4ºB

O alumnado de 4ºB deseñou o seu "Prato de Harvard", unha forma de crear comidas saudables e proporcionadas. Desta maneira, recórdasenos que no noso prato, a metade deben ser froitas e verduras, unha cuarta parte hidratos de carbono (favorecendo os grans integrais) e outra cuarta parte proteínas. Debemos procurar usar aceites vexetais saudables, como o aceite de oliva e beber auga suficiente, procurando eliminar da nosa dieta as bebidas azucaradas.

Neste collage queda unha pequena mostra de catro pratos saudables.



CLASIFICAMOS OS ALIMENTOS_4ºB

O alumnado de 4º B, realizou este mural onde aparecen os alimentos clasificados segundo a súa orixe, a súa función e como se prepararon antes de consumilos. Chegamos á conclusión de que debemos evitar os alimentos ultraprocesados e procesados e mirar de consumir os alimentos que case non foron manipulados.