sábado, 24 de octubre de 2020

TEMPO DE CABAZAS

Coa chegada do outono comeza tamén a chegada dos seus froitos.

Esta semana traballamos un alimento característico de esta estación: A CABAZA

Despois de ollala, manipulala , investigar o seu interior e buscar diferentes tipos de cabaza na PDI  , puxemos a nosa cabeciña e imaxinar e.... partindo de formas e cores elaboramos a nosa propia cabaza terrorífica aproveitando que o Samaín xa o temos cerquiña.

 


jueves, 15 de octubre de 2020

PARTINDO DO EIXE TEMÁTICO: "MEDIOAMBIENTE E SAÚDE"

Partindo do eixe temático escollido para o curso 2020/21 "Medioambiente e Saúde" e tendo en conta a participación no Plan Proxecta, concretamente nos programas de "Aliméntate ben" e "Sustentabilidade e Paisaxe", levaranse a cabo actividades que permitan adquirir as distintas competencias dun xeito transversal e tendo en conta os seguintes obxectivos incluídos no programa "Aliméntate ben":

  • Introducir ao alumnado na reciclaxe.
  • Xestionar os residuos da COVID-19.

Iniciamos a temática cun mural motivador: