Mostrando entradas con la etiqueta Os sentidos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Os sentidos. Mostrar todas las entradas

martes, 21 de enero de 2020

OS SENTIDOS



Adquirir hábitos saudables investigando sobre o noso corpo (neste caso os sentidos) é un dos obxectivos propostos no programa "Aliméntate ben", polo que na clase de 1º de primaria os nenos e nenas traballaron os sentidos...e...escoitade que ben os saben...



Se lles preguntamos a estes nenos e nenas cal é o órgano de cada sentido...tamén o saben moi ben.
Probar e coñecer novos alimentos e ampliar as experiencias sensoriais do noso alumnado é outro dos obxectivos do programa.
Nesta sesión traballouse especialmente o sentido do gusto, que nos permite identificar os sabores nos alimentos. O órgano principal involucrado na percepción do sabor é a lingua  e...que sorpresa cando os escoitamos dicir que na lingua temos as papilas gustativas.

Probaron distintos sabores: salgado, picante, amargo, ácido e dóce.