lunes, 31 de mayo de 2021

 

Os rapaces e rapazas de 6º de Educación Primaria elaboramos unha pirámide nutricional. Para iso, empregamos os bee bots e os paneis con tarxetas relacionadas cos alimentos e clasificacións necesarias para poder completala.

 Para conseguilo seguimos os seguintes pasos:

1º) Empregando os ordenadores de aula, buscamos información sobre a pirámide alimenticia.



2º) Empregando o panel e os bee bots tivemos que guialos ata chegar a conseguir todas as tarxetas necesarias para completar a pirámide.



3º) Reto conseguido!







sábado, 29 de mayo de 2021

A reciclaxe na aula de 4 anos A

 Os nenos e nenas de 4 anos A tamén  reciclan e reutilizan, aproveitando cousas do seu día a día para facer outras que lles gustan e ademais fanlles pasar momentos moi divertidos.








NA AULA DE 4 ANOS A RECICLAN E PRANTAN HERBA

Os nenos e nenas de 4 anos A reciclan vasos de iogur. Primeiro pintáronos e despois prantaron herba.

E que ben a cuidan!!!


























A CASTAÑA "CATARINA"

Aló polo mes de Novembro, na aula de 4 anos A coñeceron a Catarina, con motivo dunha das celebracións do noso colexio, O Magosto. A mestra contóulles aos nenos e nenas o conto de Catarina e eles/elas trouxeron castañas á clase. Despois prantáronas e anotaron o día. 

O encargado ou encargada tiña  que regala e cando naceu e medrou un chisquiño, prantárona no patio do colexio, coa axuda de Alberto, o noso conserxe, que lles fixo o buraco no chan, aínda que os nenos e nenas tamén lle axudaron eh!

Aquí podedes escoitar o conto.


















































martes, 25 de mayo de 2021

CANCIÓN E CONTO SAUDABLES

Aos nenos e ás nenas de 5 Anos A gústanlles moito os contos e as cancións, así que buscamos algún que tratara sobre a alimentación e atopamos estes.
Gustáronnos tanto que noutra ocación seguiremos buscando máis!





MONICREQUES FROITEIROS

 Os nenos e as nenas de 5 Anos A divírtense investigando o tema da alimentación saudable e en particular das froitas.

Cando trouxeron as sementes vimos que as árbores da froita tardan moito tempo en nacer e máis en medrar. Así que, como aínda non conseguimos froita da semente que enterramos, fixemos uns monicreques de dedos con forma froitas, que non os podemos comer pero son moi bonitos e divertidos.