lunes, 8 de junio de 2020

ELABORACIÓN DUN MENÚ SAUDABLE POLO ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA


O alumnado de 5º fixo a seguinte actividade: elaboración dun menú saudable.
Logo de estudar hábitos alimenticios, intentaron elaborar menús balanceados; é dicir, consumir alimentos dos diferentes grupos e nas proporcións adecuadas.
Aquí veredes o resultado:






Agora que se achega o bo tempo, apetece comer máis froita fresquiña.
Con isto, fixeron unha actividade moi divertida! Elaboraron figuras realizadas con froitas.
Deste xeito, preténdese que adquiran hábitos saudables na alimentación a través do xogo. Estaban sabrosísimas!



Aquí veredes os resultados:





jueves, 4 de junio de 2020

Alimentación saudable en 5 anos B: A pirámide alimenticia e o deporte


A mestra de 5 anos B propuxo unha actividade para o programa "Aliméntate ben", co fin de concienciar e motivar ao consumo de alimentos saudables e ao mesmo tempo animalos a practicar algún deporte para medrar sans e fortes.
Comenzaron vendo  vídeos educativos relativos ao tema, para logo comentalos entre tod@s.







Logo, elexiron unha pirámide para imprimir e despois, entre tod@s, facer unha grande, recortando alimentos de todo tipo de revistas dos supermercados. Cada neno e nena, coa súa revista, debería recortar alimentos de todo tipo, para despois pegalos nunha pirámide grande que farían entre tod@s.


Tamén levaron a cabo algunhas fichas do "caderno de actividades" de alimentación" 






Cos alimentos que tiñan recortados deberían facer cada un/unha a súa pirámide alimenticia. Xusto cando ían realizalo declarouse o estado de alarma e con él o peche dos colexios para o confinamento da poboación. A partir deste momento esas actividades previstas son realizadas na casa, coas familias.
Algunha mostra disto son os seguintes traballos:




Aproveitando o "Día Mundial da Bicicleta", que se celebra o 3 de xuño de cada ano, grazas a un decreto da ONU, proclamado no ano 2018, os nenos e nenas practican un deporte, que ademais é un medio de transporte que axuda a paliar a crise do mundo debido á contaminación e ao cambio climático que sofre o planeta.