Mostrando entradas con la etiqueta 5 Anos A 2021. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 5 Anos A 2021. Mostrar todas las entradas

jueves, 3 de junio de 2021

CONTOS QUE ALIMENTAN

 No primeiro trimestre deste curso na clase de 5 anos A do CEIP de Arzúa fixemos un libro de contos titulado "Contos para un Mefio Saudable". Neste libro incluímos contos sobre o medio ambiente e contos sobre a saúde. Dentro dos contos sobre a saúde traballamos contos sobre a alimentación:












martes, 25 de mayo de 2021

MONICREQUES FROITEIROS

 Os nenos e as nenas de 5 Anos A divírtense investigando o tema da alimentación saudable e en particular das froitas.

Cando trouxeron as sementes vimos que as árbores da froita tardan moito tempo en nacer e máis en medrar. Así que, como aínda non conseguimos froita da semente que enterramos, fixemos uns monicreques de dedos con forma froitas, que non os podemos comer pero son moi bonitos e divertidos.











UN QUEBRACABEZAS ALIMENTARIO

 Para entender mellor a pirámide alimentaria e os grupos de alimentos, os nenos e as nenas de 5 Anos A fixeron un quebracabezas especial para este tema.















XOGOS SAUDABLES

 Os nenos e as nenas de 5 Anos A desecubriron que mentras traballamos o tema da alimentación e da saúde tamén nos podemos divertir.

Fixemos un xogo con fichas e dados para practicar a lectura e as "mates" con debuxos de alimentos que se deben incluír nunha dieta saudable.

Quedárolles chulísimos!








SEMENTANDO SAÚDE

  Os nenos e as nenas de 5 Anos A trouxeron sementes de hortalizas e verduras para sementalas na clase (cenorias, leitugas, rúcula, rabanetes e puerros). Aprenderon que necesita unha planta para medrar, as súas partes, cómo se reproducen, que podemos comer delas, cantas cousas boas nos proporcionan e un montón de cousas máis.

Tamén puxemos a enraizar varias legumes como fabas, lentellas e garbanzos.garbanzos. Poideron ver como son as raíces dunha planta, como saen da "semente", que hai que esperar un tempo para que medren e que todas estas plantas que podemos cultivar na nosa horta son moi importantes para a nosa alimentación e para a nosa saúde.

Conseguimos unha boa colleita!