O martes 9 de maio o alumnado de 1ºA e 1ºB asistiu, dentro do Proxecto "Aliméntate ben", a un obradoiro que se levou a cabo no Salón de Actos do centro, e que lles permitiu adquirir coñecementos sobre diferentes especies mariñas (peixes, mariscos, algas), artes de pesca empregadas para a captura destas especies (cana, rede, cerco...), oficios vinculados á extracción de diferentes variedades do mar (mariñeiros, percebeiros, mariscadores...), lugares de venta e compra de peixes e mariscos (lonxas, peixerías, supermercados...), beneficios do consumo de peixes e mariscos frescos na nosa saúde (vitamina A, B12, C, fósforo, potasio...) e ata aprendeu algunhas receitas de cociña que fan estos produtos máis apetitosos para os nosos rapaces e rapazas.
Toda esta información foille presentada ao alumnado a través de fotografías, paneis, videos e xogos. Tamén recibiron un pequeno agasallo que lles lembre a súa participación nesta iniciativa.
En definitiva, foi unha actividade lúdico-formativa moi interesante e atractiva que ademais de darlles a coñecer diversos aspectos relacionados co mar e as súas especies, incide na importancia do consumo de peixes e mariscos para acadar unha dieta saudable e equilibrada.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
No hay comentarios:
Publicar un comentario