miércoles, 14 de junio de 2023

O SEMÁFORO DOS ALIMENTOS - 3 ANOS B

Fai uns días, na aula de 4º de Educación Infantil B, comezamos a traballar sobre os alimentos. Nesta ocasión, tras ler o conto "Sabores: un cuento para comer sano", profundamos acerca da alimentación saudable e todos aqueles alimentos que son imprescindibles na nosa dieta para lograr que esta sexa sa, equilibrada e variada. Para elo, elaboramos un semáforo dos alimentos: 


Así mesmo, desfrutamos dun pequeno xogo: deixando voar a nosa imaxinación, e empregando os xoguetes da aula, cada neno/a realizaba unha comida. Entre todos/as intentabamos adiviñar que era e logo, conversabamos sobre se era saudable ou non e imprescindible na nosa dieta. 

OS ALIMENTOS - 3 ANOS B

Na aula de 4º de Educación Infantil B tamén estivemos investigando, no presente curso escolar, sobre os alimentos, o que aportan ao noso organismo, a súa procedencia, os diferentes grupos e a súa denominación e os establecementos nos que podemos mercalos. Todo isto a través de diferentes xogos e propostas lúdicas!

MERENDAS SAUDABLES CON HERVÉ TULLET - 3 ANOS B

Ao longo do curso escolar, na aula de 4º de Educación Infantil B, estivemos promovendo as merendas saudables para o coidado do corpo e un crecemento san. Porén, baseándonos na obra "La cocina de dibujos" de Hervé Tullet, personalizamos uns manteis cos que motivar ao alumnado na práctica dunha correcta alimentación. Todos os días, os nenos/as merendaban empregando as súas fermosas obras!