viernes, 27 de noviembre de 2020

INVESTIGANDO: ALUMNADO DE 3 ANOS

 Aproveitando algúns froitos de outono ,hoxe na aula de 3 anos investigamos como era unha cabaza no seu interior.

OOOHHH! Pero abraid@s se quedaron algúns pequen@s cando ao abrila atopamos no seu interior coma unhas pipas! Que era aquilo? Pero se estaban escondidas ! Cómense profe? 

Por subgrupos de aula achegàmonos a tocala e coller cada unha pipa de esas raras que estaban dentro. 

Que pasarà se as plantamos? En breve descubrirémolo!

 


 Por certo! Sabíades que as cabazas son moi boas para manter o noso sistema inmunitario forte e San? Ademais son un froito que  nos axuda a previr gripes e catarros polo seu poder antioxidante!

 

martes, 17 de noviembre de 2020

OS COGOMELOS: AULA DE 3 ANOS

 Continuamos traballando elementos do Outono. Desta volta estivemos a traballar elementos naturais relacionados coa saúde e a importancia de xoñecer os cogomelos para poder saborealos. Observamos algúns cogomelos e as suas cores , formas e tamaños. 

Para rematar a actividade e relacionandoo co tema de este curso elaboramos uns cogomeliños utilizando material de refugallo. 

Os cogomelos que elaboramos son 

Amanita Phalloides

Un cogomelo tóxico que nunca debemos tocar nen comer! 

 

sábado, 7 de noviembre de 2020

O MAGOSTO NA AULA DE 3 ANOS

Este curso a festividade do magosto viuse modificada polo COVID , pero en 3 anos A , a pesar de que nos houbera gustado festexalo igual que anos anteriores con todos @s nos@s compañeir@s a nivel centro, nos traballamos a nivel de aula esta tradición tan nosa. Fixémolo partindo do conto MARIA CASTAÑA  , co que , despois de escoitalo e traballalo , se nos ocurriu elaborar a nosa particular castañeira. 

viernes, 6 de noviembre de 2020

SAMAÍN EN 3 ANOS

 Este ano para festexar o SAMAIN o equipo de educación infantil decidimos, ao igual que anos anteriores, que o alumnado poderia vir disfrazado para a ocasión. A nosa aula achegàronse bruxas , cabazas, homes misteriosos, esqueletes... Que fixeron que este día se convertira nun dos màis terroríficos.

Ademáis fixemos diversas manualidades relacionadas coa festividade: gorros de bruxas/os , pantasmas e mesmo un pequeno teatro de sombras que nos encantou!