domingo, 27 de junio de 2021

DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

 O Día Mundial do Medio Ambiente é o maior evento da ONU para o fomento da acción en favor da conservación do medioambiente. Conmemórase o 5 de xuño e celebrouse  por primeira vez en 1974 onde se insta a gobernos e organizacións a que "emprendan actividades que reafirmen a súa preocupación pola protección e a mellora do medioambiente, con miras a facer máis profunda a conciencia dos problemas do medioambiente."

O alumnado e profesorado do CEIP de Arzúa quixémonos sumar a este loita e elaboramos este mural colectivo que leva por título "ESTAMOS A TEMPO..."

                   

E como aínda estamos a tempo de protexer o que queda e reparar o danado, cada aula rotulou e debuxou diferentes lemas que axudarán nesta importante loita, creando así a forma dun reloxo:

1. Non tires lixo ao chan.

2. Reutiliza todo o que poidas.

3. Utiliza a auga de xeito responsable.

4. Recicla para xerar novos produtos.

5. Utiliza o papel reciclado.

6. Aproveita a luz natural.

7. Reduce o uso de envases.

8. Evita o uso das bolsas de plástico.

9. Aposta polo transporte público e as bicicletas.

10. Desconecta os aparellos eléctricos que non uses.

11. Planta árbores para reducir o quencemento global.

12. Evita utilizar produtos químicos.

 

 

 

miércoles, 23 de junio de 2021

FELIZ E SAUDABLE VERÁN!

 Os nenos e as nenas de 5 Anos A do CEIP de Arzúa rematamos o curso cunhas felicitacións moi "froiteiras" e saudables cos mellores desexos.






viernes, 18 de junio de 2021

EXCURSIÓN VIRTUAL: "Ti sí que es un bo peixe"

O 16 de xuño, o alumnado de 1º, 2º e 5º de primaria, asistiu a unha excursión virtual sobre o marisqueo, que se impartiu no noso colexio.

Primeiro, coa axuda dunhas gafas de 360 graos, os nenos e nenas viron un vídeo que falaba das distintas artes de pesca. Despois comentáronse as imaxes que máis os sorprederon e plantexaron as dúbidas que xurdiron durante o visionado do mesmo.

    

A continuación, baixamos ao patio e alí, coa axuda dunha lona do fondo mariño, presentáronse as diferentes especies co fin de descubrir o hábitat de cada unha. Aprenderon a diferenciar un longueirón dunha navalla, unha vieira e unha zamburiña, un berberecho e unha ameixa...Tamén tiveron nas mans unha réplica dunha nasa e viron que para lastralas ponse cemento no fondo ou unhas pedras. 

  




En resumo, aprenden un montón de cousas sobre o mundo do mar, que por certo nós non temos!!!


 

jueves, 17 de junio de 2021

OBRADOIRO: " Ti sí que es un bo peixe"

 O luns 14 de xuño, levamos a cabo no centro o obradoiro:

 "Ti sí que es un bo peixe"

  
                            
Faláronnos de peixes: sardiña, pescada, robaliza(lubina), peixe sapo (rape) e linguado.
E tamén de mariscos: nécora, vieira, percebe e argazo.


Explicáronnos cales son as vitaminas que nos aporta cada un e as artes de pesca que se empregan para capturalos.
- Sardiña: vitamina A. Péscase coa rede.
- Pescada: potasio para os músculos. Péscase co anzó.
- Robaliza/lubina: vitamina B3, aporta enerxía. Péscase con cana.
- Peixe sapo/rape: vitamina B12. Non ten escamas e entérrase debaixo da area. Péscase coa rede mediante arrastre co barco.
- Linguado: fósforo para ter forza, para os ósos e dentes.
- Nécora: vitamina E para protexernos.
- Vieira: vitamina B9 para medrar. Viven enterrada na area. Empréganse as bateas, con cordas nas que colgan as vieiras para que coman e medren.
- Percebe: vitaminas e sales minerais. Vive nas rochas.
- Argazo: vitamina C. Está na area.









Aprendemos moitas cousas! e pasámolo xenial!
Tamén nos deron agasallos!










miércoles, 16 de junio de 2021

OBRADOIRO: "Fai click ao teu bocata"

O día 9 de xuño tivo lugar no noso centro o obradoiro "Fai click ao teu bocata".


A finalidade deste obradoiro é traballar os seguintes obxectivos:

martes, 15 de junio de 2021

Junk Food or Healthy food?

 Junk Food or Healthy food?

We tried to figure out what's best for our health, healthy food or junk food? What do you think?

The students from grade 1 made a clear choice. They "cooked" healthy and unhealthy food, from cherries to chocolate, from octupus to ice-cream... then they placed it on the right group of healthy or junk food.

This is the result:








jueves, 3 de junio de 2021

CONTOS QUE ALIMENTAN

 No primeiro trimestre deste curso na clase de 5 anos A do CEIP de Arzúa fixemos un libro de contos titulado "Contos para un Mefio Saudable". Neste libro incluímos contos sobre o medio ambiente e contos sobre a saúde. Dentro dos contos sobre a saúde traballamos contos sobre a alimentación:












martes, 1 de junio de 2021

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

 O Día Mundial da Saúde celébrase o 7 de abril. Esta data é unha conmemoración creada para lembrar a fundación da Organización Mundial da Saúde no ano 1948.

Todos os anos elíxese para esta xornada un tema de saúde específico a fin de destacar unha área relacionada co coidado da nosa saúde. Este ano abordouse o tema de "construir un mundo máis saudable e xusto".

Os rapaces e rapazas do CEIP de Arzúa traballamos e aprendemos máis sobre esta conmemoración e elaboramos este mural que leva por título "Hábitos saudables".

                     

Cada aula rotulou e decorou un destes hábitos saudables tan necesarios para o coidado da nosa saúde:

- "Móvete"

- "Comprando ben, comemos mellor".

- "Un almorzo saudable".

- "Froitas e verduras, 5 porcións ao día·".

- Desfruta da familia e dos amigos/as".

- "A auga é fundamental, bebe moita auga para non estar mal"

- "Eu estiro, tí estiras... nós estiramos".

- "Desconecta"

- "Planifica os teus menús saudables·".

- "Coidamos da nosa autoestima".

- "Xoga moito para medrar en saúde".

- "Medita e reláxate".

Estes son algúns dos nosos traballos: