viernes, 3 de diciembre de 2021

RECICLAXE NA AULA DE 5 ANOS A

RECICLAR é unha das actividades cotiás máis sinxelas e gratificantes que podemos levar a cabo. É tamén un exemplo de responsabilidade social e coidado do medio ambiente. Por iso, ensinar aos nenos e nenas a importancia de coidar o medio ambiente é moi importante para que medren como persoas responsables e comprometidas, e se queremos que realmente vexan a necesidade de protexer o planeta teremos que ensinarlles con xogos e actividades divertidas que poidan levar a cabo no seu día a día.

Con imaxinación, podemos dar nova vida a moitos residuos; é por iso que na aula elaboraron árbores de Nadal cos tubos de cartón do papel e tamen construíron unha árbore de Nadal máis grande.

Que podes facer ti polo medio ambiente? Reutiliza e recicla. Antes de tirar algo, pensa se é posible darlle unha segunda vida ou se podes aproveitalo para outra cousa.



Ao chegar a primavera tamén chegan as bolboretas