jueves, 1 de febrero de 2024

PAZ FRUTÍFERA

 Os nenos e nenas de 3°, 4°, 5° e 6° de Educación Primaria do CEIP de Arzúa, co motivo do Día da Paz, fixeron na clase de Relixión un mural moi "froiteiro" que titularon "Paz Frutífera", con debuxos de froitas e palabras relacionadas coa paz.

Neste traballo quixeron amosar que para acadar a Paz temos que alimentala de froitas que conteñan  un importante aporte vitamínico de respecto, perdón, xenerosidade, bondade...e con un alto contido na fibra do Amor cuxo principal beneficio é o mellor funcionamento do noso  mundo.

Animámosvos a consumir estas saborosas e saudables froitas que vos darán moita enerxía positiva e traerán moita Paz ás vosas vidas.







SAÍDA AO SUPERMERCADO

 O alumnado do segundo curso de Primaria do CEIP de Arzúa fixo unha saída didáctica a un supermecado da vila para que coñeceran de primeira man onde atopar os produtos de alimentacion saudable no establecemento, normas de hixiene... 

Coñeceron tamén o EPI usado na carnicería. Degustaron un petisco saudable elaborado a base de froitas e lácteos (bebibles) e finalmente recibiron un agasallo (bolsa, lápiz para plantar unha hortaliza, froita, auga e vale desconto).