martes, 17 de marzo de 2020

As froitas en 3 anos A

A profe Alicia tamén lles ensina aos nenos e nenas da súa aula contidos sobre as froitas. Un xeito de coñecelas e identificalas.
Ademais traballa na busca de información a través da internet.
A mandarina


O plátano











martes, 10 de marzo de 2020

jueves, 5 de marzo de 2020

Esta vai de peixe

Na aula de 3 anos A están a traballar a letra A e aproveitan a facelo con peixes, neste caso a sardiña, aproveitando tamén para coñecer este peixe que aparece no noso menú escolar.



martes, 3 de marzo de 2020

COCIÑANDO! Os nenos e nenas de 4 anos B

Os nenos e nenas de 4 anos B, levaron a cabo unha actividade para "Fomentar a igualdade de oportunidades entre nenos e nenas". Esta actividade levou por título: Cociñamos!
O día 3 de marzo, coincidindo coa semana na que se celebraba o "Día da Muller" nesta aula fixeron galletas de manteiga.
O día anterior, o 2 de marzo, foron a un supermercado da vila para mercar os ingredientes que necesitaban para a elaboración da receita. Esta visita está colgada no blogue de Aliméntate ben.
Unha vez mercados os ingredientes, na aula pesáronos por equipos. Pesaron a fariña e o azucre, posto que a manteiga viña en paquetiños e cada equipo colleu un. Precisaron tamén unha "pizca" de vainilla.
Cada equipo púxose a medir.


Logo, o propio día 3, nunha mesa tod@s xunt@s, pero dividida a clase en 4 pequenos equipos, foron elaborando a masa para as galletas:
- Incorporaron o azucre e manteiga nun recipiente.
- Logo, incorporaron unha pizca de vainilla e a fariña.
Tod@s ían amasando por turnos cada vez que se incorporaba un novo ingrediente. Tod@s incorporaron parte dos ingredientes e tod@s amasaron.

Cando xa tiñan a masa feita, levárona á cociña do comedor escolar para meter na neveira e que enfriara 1 hora.
Cando xa estaba fría, puxéronse de novo na mesa grande e foron facendo as galletas con moldes, e cada un tivo que facer a inicial do seu nome coa masa.
Para rematar, foron de novo á cociña, donde a cociñeira e o cociñeiro lles axudaron a meter e sacar as galletas do forno.
Pola tarde, degustáronas na aula e repartiron as sobrantes en pequenas bolsiñas para levar a proba ás súas familias. Tamén repartiron para aquel@s compañeir@s  que  ese día non foron ao cole.
Con esta actividade preténdese inculcar que todos e todas podemos facer o mesmo, que non hai profesións exclusivas dun sexo.
Loitamos pola igualdade de xénero!!!

Proceso de elaboración e cata do queixo

O día 27 de febreiro tivo lugar no colexio unha cata de queixo para alumnado de 6º de primaria, a través do Consello Regulador de Denominación de Orixe Protexida ARZÚA-ULLOA. Proxectouse un vídeo onde se viu o proceso de elaboración do queixo e distintos tipos de queixo, empregando a pasteurización.


Os ingredientes do queixo de denominación de orixe son:
- O leite producido na zona.
- Sal.
- Fermentos lácteos ou bacterias lácteas.
- Callo ou presoiro.
callado lévase a cabo nunha cuba e empréganse as Liras para cortar a callada, que unha vez cortada (sepárase leite e soro) elimínase da cuba a maior parte do soro.
Coa callada énchense os moldes, facendo queixos de entre 1/2 Kg e 3 kg e medio. Ponse gasa para eliminar o soro do queixo e métense na prensa, onde estarán mínimo tres horas.
Para a maduración do queixo utilízanse cámaras de ambiente controlado. O tempo mínimo para poder levar a contraetiqueta (certificado individual) é de 6 días.
Este queixo, ao levar fermentos lácticos, non caducan, teñen unha data de consumo preferente. Os que non levan fermentos lácticos sí que caducan.
Na cata empezamos polo sabor máis suave e rematamos co máis forte. Catamos queixos de:
- Un día.
- Unha semana.
- Un mes e medio.
- Un ano e medio.

As propiedades nas que nos paramos na cata foron: avaliación sensorial do aroma, avaliación sensorial do sabor, grao de rugosidade da superficie, grao de humidade da superficie, elasticidade, sabor da masa do queixo, características xeométricas na boca (granulidade)...