domingo, 20 de marzo de 2022

TI SI QUE ES UN BO PEIXE

 O venres día 18 de marzo, tivo lugar outra das modalidades solicitadas no programa "Aliméntate ben", "Ti sique es un bo peixe".


O mar é un elementro que define e caracteriza boa parte da riqueza da nosa terra, e unha fonte de recursos moi prezada, pois arredor del configúrase un sector primario estratéxico a nivel económico, social e tamén cultural. De ahí a importancia de que sexamos conscientes deste tesouro único que nos brinda a nosa terra, porque asumir e ter claro o privilexio que temos de contar cos recursos que nos aporta, é a mellor ferramenta para coidalo e defendelo.

Por isto, "Ti si que es un bo peixe" é un programa creado pola Consellería do Mar cos seguintes obxectivos:

  1. Fomentar o consumo de peixe e mariscos entre o alumnado.
  2. Familiarizar ao alumnado co mundo da pesca e da acuicultura, transporte e preparación do peixe e do marisco para aumentar o seu coñecemento e interese sobre este produto.
  3. Transmitir aos nenos e nenas a importancia do peixe e do marisco na dieta en relación ás súas achegas nutritivas.
  4. Achegar aos pequenos e pequenas o coñecemento das distintas especies de peixe e marisco e as súas características nutricionais.
  5. Poñer en valor o papel dos consumidores como colectvo, incluíndo aos mais pequenos, á hora de preservar os recursos do mar.
  6. Aprender a coñecer e manipular os alimentos do mar dende un punto de vista gastronómico: pratos sinxelos, alta cociña ou receitas, etc.
Neste obradoiro danse a coñecer os aspectos saudables do consumo de produtos do mar.
Uxía e Roque falaron sobre algúns peixes e mariscos. Explicaron cal é o seu nome científico, como se pescan, que beneficios nos aportan...




Tamén agasallaron aos nenos e nenas cun folleto con receitas que se poden facer cos peixes e mariscos e un pano para a cabeza.


sábado, 19 de marzo de 2022

A COMER LEGUMES-

 

OS NOSOS CHÍCHAROS

 CHÍCHAROS-GUISANTES-PERICOS

Na clase dos Lobos estamos moi contentos de que chegue a primavera. Por iso, quixemos plantar unhas sementes de chícharos para poder ir coñecendo sobre a evolución das plantas. Que precisan? Logo de longas conversas, puxémonos mans á obra. 

- Contamos cantos pericos tiñamos.


- Elaboramos unha representación artística.




Días despois...TEMOS O NOSO PRIMEIRO CHÍCHARO! Ademais, as legumes son moi importantes para crecer fortes. Debemos levar unha alimentación moi saudábel.

miércoles, 9 de marzo de 2022

FAI CLICK AO TEU BOCATA

 O mércores día 9 de marzo, tivo lugar unha das modalidades solicitadas no programa "Aliméntate ben", "Fai click ao teu bocata" coa finalidade de dar a coñecer ao alumnado o mundo mariño e a posibilidade do seu consumo a través de conservas debido á súa importancia nutritiva.

Os obxectivos deste programa son:

- Fomentar o consumo de conservas de peixe e marisco entre o alumnado.

- Familiarizar aos nenos e nenas co mundo da conserva do peixe e do marisco para aumentar o seu coñecemento e interese por este produto.

- Transmitir a importancia das conservas de peixe e marisco na dieta en relació ás súas achegas nutritivas.

- Achegar aos nenos e nenas ao coñecemento das distintas especies de peixe e moluscos e as súas características nutricionais.

- Poñer en valor o papel dos consumidores como colectivo, incluíndo aos máis pequenos, á hora de preservar os recursos do mar.

- Aprender a coñecer e manipular os alimentos do mar desde un punto de vista gastronómico empregando as conservas como base en pratos sinxelos, receitas, etc.

Como condutores do programa tivemos a:

- Mar, a científica especializada en Bioloxía mariña, que investiga as propiedades nutricionais dos produtos do mar en conserva.

- Roi, un científico especializado en química que investia sobre o proceso da conserva, os tipos de recipientes, os alimentos que axudan a preservar o produto, a súa data de caducidade...

A maiores contamos con Lata e a súa familia: o seu mozo Bote e as súas fillas as Trilatas-portadoras das conservas mariñas que hai na Terra-que forman parte dun mundo virtual de cómic, onde coñecen a Pan e a súa familia: Molde e Millo.

Deste xeito, os nenos e nenas, poideron descubrie os bocatas de conservas como fonte de alimentación.

Neste Obradoireo, Roi explicou cousas sobre as conservas, sobre algúns peixes e sobre as artes de pesca. David e Mar fixeron uns bocatas de sardiñas, queixo, leituga e tomate para a merenda.

Tamén regalaron aos nenos e nenas unha minineveira e diversos folletos informativos sobre as conservas para que poidan compartir coas súas familias.



miércoles, 2 de marzo de 2022

NUTRIPLATO

 

Nutriplato é un método para que os nenos e nenas coñezan as bases da alimentación saudable. Por un lado, pode axudar a que coñezan mellor os grupos de alimentos e por outro, é unha maneira moi gráfica de entender as proporcións dos grupos de alimentos para que as comidas sexan saudables.
Con estes materiais que se presentan poderán divertirse e aprender máis sobre alimentación saudable.
Poderemos empregar o seguinte recortable do Método Nutriplato:



A continuación poderán facer un crucigrama sobre alimentación saudabLe, no que todas as respostas están relacionadas con alimentos ou hábitos alimentarios.


Aquí preséntanse "Decoracións cos Nutris" para que poidan colorear ao seu gusto as personaxes Nutris e posteriormente recortar pola liña de puntos. Poden tamén facer un orificio para pasarlles un cordel e colgalos.

Por último, proponse unha ficha para colorear, cun posto de froitas e verduras, no que terán que escoller as cores para cada alimento e colorear o debuxo, deixando que traballe a creatividade.


Espero que lles guste esta actividade!!!






martes, 1 de marzo de 2022

MENÚ DO DÍA

Unha das propostas que temos na nosa aula consiste na creación de menús saudábeis. Os nenos e nenas deben de escoller aquel que queiran e crealo, traballando multitude de conceptos matemáticos, vocabulario...incluso poden xogar por parellas. Esta marabillosa proposta é de @elena_infantil.

Pasos a seguir:

1. Escollen un menú completo.

2. Crean o primeiro plato.

3. Elaboran o segundo plato.

4. Deciden se queren postre.

A COMER!!!

ENTROIDO NA CLASE DOS LOBOS

 Na clase dos lobos estamos feitos uns cociñeiros nivel experto. Como estamos no entroido decidimos facer un postre típico desta data....sabedes cal? FILLOAS!!!

Os pasos a seguir foron os seguintes:

1º Receita: materias que precisamos.

2º  Cociñamos.

3º Emplatamos e adornamos.

4º A ZAMPARRRRRR!!!! MMMM.... estaban riquísimas!