lunes, 6 de abril de 2020

Reciclando e plantando sementes

Os nenos e nenas de 3 anos A tamén se introduciron na reciclaxe a partir de envases. Este vídeo ensínalles un pouco sobre este tema.



Unha das actividades que levaron a cabo foi a de volver a usar e fixeron cousas chulísimas. Mirade!










Novamente, a súa mestra Alicia propúxolles outra actividade. Neste caso, nun envase de iogur, leite ou unha botella cortada pola metade, os nenos e nenas plantaron sementes, poñendo a data e observando se nace e canto tempo tarda...
Plantaron fabas, garabanzos, lentellas, mazá, aguacate e ata nabos, espinacas e cenouras.









E, por certo, que ben as coidan!


Agora toca esperar! 


OS ALIMENTOS

Neste tempo de confinamento, os nenos e nenas de 3 anos A traballan coa gran implicación das súas familias, orientadas pola súa mestra Alicia. Esta vez o tema é o dos ALIMENTOS.
Levaron a cabo varias actividades, entre elas destacamos as seguintes:
- Escribir a palabra coas maiúsculas: ALIMENTOS e marcar as vogais. 

- Poideron falar dos alimentos que mais lles gustan e ao mesmo tempo identificar as fases do día nas que se toman eses alimentos: almorzo, xantar, merenda e cea, axudándolles deste xeito no coñecemento das nocións temporais: mañán, mediodía, tarde e noite.
- Introducíronse na orixe dos alimentos: orixe animal, orixe vexetal e orixe mineral facendo nunha cartolina os tres grupos e recortando alimentos para pegalos no grupo correspondente.



- Fixeron en familia algunha receita, aproveitando para falar de ingredientes, cantidades (cullerada, pizca, gramos...).









Pero... a profe tamén recomenda aos nenos e nenas practicar exercicio físico, moi importante para unha boa saúde.



Grazas familias e nenos/as por seguir formando parte das nosas vidas aínda que sexa dende a distancia.