Mostrando entradas con la etiqueta Aliméntate ben. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aliméntate ben. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de mayo de 2020

MATERIAIS PARA TRABALLAR NO PLAN PROXECTA: IMOS DE PESCA AO MAR

Tendo en conta a situación que estamos a vivir e contando ademais con que o centro está a participar no Plan Proxecta en diferentes cursos, as coordinadoras dos programas "Aliméntate ben" e "Sustentabilidade e paisaxe" propoñemos unha serie de actividades para que dun xeito entretido, os nenos e nenas, poidan aprender un pouquiño sobre estes temas. Esta vez vai relacionado co mundo da costa, un pouco máis lonxe de nós e que seguramente descoñecemos máis. Os nenos e nenas poden pasar momentos agradables e ao mesmo tempo estarán aprendendo cousas novas, co obxectivo de familiarizarse co mundo da pesca e da acuicultura para aumentar o seu coñecemento e interese por este produto.
Preme na imaxe e descarga.


Mirade este vídeo, nel poderedes ver os tipos de pesca e as técnicas que se empregan para pescar:



Disfrutade tamén con estes outros, para aprender máis cousas e logo poder facer o voso traballo.


Vídeos 360º Vivir a experiencia de distintas profesións do mar dunha maneira directa a través da visualización en 360º desprazándose pola pantalla do ordenador para visualizalo desde diferente puntos de vista (preme no botón esquerdo do rato e móvete ata 360º nos vídeos. Poderemos coñecer: 
Vídeos de artes: Imos de pesca

Se queredes coñecer o peirao, aquí o tedes.

Imaxe do peirao virtual

Coñezo o peirao Con esta actividade interactiva que tes que descargar vas pinchando nas diferentes imaxes e aparecerá información de cada unha delas. 

Agora sí que chegou o momento de traballar un pouquiño e demostrar todo o que aprendestes con esta información proporcionada.

O voso traballo consistirá en responder ás seguintes preguntas e, para que quede un traballo bonito podédelas acompañar con debuxos:
1. Que é a acuicultura?
2. Nomea peixes e mariscos e as técnicas que se empregan para capturalos. Como se chama a persoa que os captura?
3. Que tipos de pesca existen?
4. Que é o marisqueo? Tipos e diferenzas entre cada un deles.


Traballo de Markel de 6º A

Traballo de Martín de 6º A