jueves, 28 de marzo de 2024

PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS (3º B)

 Aproveitando a reciclaxe dos folletos dos supermercados, reutilizámolos para recortar diferentes

 alimentos e compoñer así a "Pirámide Alimenticia".

Aprendemos en que consiste unha pirámide de alimentos e cales son as racións recomendadas de cada un.

Quedounos así de bonita!




ALIMENTACIÓN SAUDABLE (3º B)

 Os rapaces e rapazas de 3º B elaboraron este mural de aula, por grupos.

Un grupo encargouse de completar o "Encrucillado alimentario", outro de reconstruir o "Nutriplato" e o outro grupo de conseguir chegar á meta do "Laberinto dos alimentos".






martes, 26 de marzo de 2024

A FESTA DO QUEIXO

 Cada ano, na primeira fin de semana do mes de marzo celébrase en Arzúa a Festa do Queixo. 

Con este motivo, parte do alumnado do Ciclo de EI da EFA de Arzúa veu á nosa aula de 5 Anos A do CEIP de Arzúa para falarnos sobre as vacas e a súa importancia na paisaxe, na economía e na alimentación en Galicia.

Todo isto fixérono mentras xogamos ao "Twister do Queixo" e decoramos uns debuxos dunhas vacas.

E déronnos unhas medallas por facelo tan ben! 









LIBRO DE RECEITAS CREATIVAS E SAUDABLES

 O alumnado de 6°A de Educación Infantil do CEIP de Arzúa realizou coas súas familias un libro con receitas saudables e con xeitos creativos e divertidos de presentacións para servilas na mesa.

Aquí déixovos unha pequena mostra do traballo. Podedes velo enteiro na bibblioteca do noso centro.

Bo proveito! 
























miércoles, 20 de marzo de 2024

SOPAS DE LETRAS SOBRE HÁBITOS E ALIMENTACIÓN SAUDABLE (3º B)

 O alumnado de 3º B realizou, por grupos, cinco SOPAS DE LETRAS na que os demais compañeiros e compañeiras deberán atopar 8 palabras relacionadas coa boa alimentación e hábitos saudables.

As sopas de letras teñen os seguintes títulos:

- Deportes.

- Alimentación.

- Diversión.

- Froitas e verduras.

- Hábitos saudables.




jueves, 14 de marzo de 2024

lunes, 11 de marzo de 2024

PRATOS TÍPICOS GALEGOS (alumnado de 3ºB)

 Os rapaces e rapazas de 3º B fixeron estes murais relacionados cos pratos típicos de Galicia e os nosos mariscos.

Plasmaron nun mural as imaxes destas comidas tradicionais das nosas cociñas e rotularon os seus nomes.



sábado, 2 de marzo de 2024

"A FESTA DO QUEIXO" - 4 ANOS A e B

O xoves 29 de febreiro, con motivo da celebración da Festa do Queixo na nosa vila (Arzúa), os nenos/as de 4 anos recibimos nas nosas aulas aos alumnos/as do ciclo de Educación Infantil da EFA Piñeiral. Grazas á súa visita adquirimos moitos coñecementos sobre o queixo: a familia de alimentos á que pertence, o seu proceso de elaboración e os ingredientes imprescindibles para levalo a cabo, denominacións e diferentes etiquetados. Todo isto, facendo especial fincapé nun derivado lácteo de gran importancia: o queixo Arzúa-Ulloa. 

Pasamos unha divertida mañá xa que ao longo da visita puidemos desfrutar de contos, actividades interactivas, cancións e bailes.