viernes, 29 de enero de 2021

As consecuencias da pandemia

Levarase a cabo a lectura dunha noticia e o visionado dun vídeo, no que se amosa como os restos de máscaras e luvas acaban no mar e afectando por tanto ao medio.

Esta actividade serviranos para reflexionar sobre os efectos secundarios da pandemia sobre o medio e valeranos como catalizador para impulsar a concienciación sobre o coidado do medio na nosa comunidade educativa.

En primeiro lugar, centrarémonos no titular: "Mascarillas y guantes, el nuevo problema de contaminación del mar tras el coronavirus" levando a cabo un debate a través de preguntas como:

- Por que pensades que as máscaras e as luvas son un problema para o mar?

- Algunha vez vistes residuos no mar?

- Pareceuvos que está ben?

A continuación procederase á lectura e visionado do vídeo e á posta en común e reflexións:

https://www.antena3.com/noticias/deportes/mascarillas-y-guantes-el-nuevo-problema-de-contaminacion-del-mar-tras-el-coronavirus-es-una-bomba_202006055eda6d2546959a0001513af8.html

-  Por que crees que é importante?

- Crees que ten consecuencias para o noso ecosistema?

- E para a nosa saúde?

- Que farías ti?

- Como podemos axudar?

Iniciamos un debate: A reciclaxe no noso colexio, onde botamos os restos da COVID-19 (máscaras, panos desbotables, luvas, ...)?

Asemade, relacionámolo coa temática da saúde: como afecta a contaminación no noso organismo?; repercusión que ten no noso medio?

A continuación reflexionamos, como podemos axudar a nivel de aula? Polo que se traballará a clasificación dos residuos.

Cada aula participante pode elaborar o seu propio traballo de aula sobre a reciclaxe, que contribúa ao coidado do medio, incluíndo os residuos producidos pola COVID-19


jueves, 28 de enero de 2021

Conto: La lechera y el jarro de leche

Co obxectivo de "Potenciar o consumo de leite como o máis completo e equilibrado dos alimentos", seguimos a participar no reparto de leite fresco a través de briks individuais e ao mesmo tempo trátase de "Coñecer o leite como un alimento básico e completo que intervén na nosa alimentación".

Partimos do conto: La lechera y el jarro de leche"


Outro dos obxectivos do programa "Aliméntate ben" é o de: Introducir ao alumnado na reciclaxe a partires dos envases dos lácteos, cousa que tamén estamos a levar a cabo na aula de PT, facendo uso de todos aqueles recursos dos que dispoñemos.




Aproveitamos esta clase tamén para traballar os derivados do leite que os nenos foron nomeando e aproveitando do noso banco de recursos: 










SEMANA DA FROITA EN 3 ANOS

 Ao longo de estas dúas semanas no noso cole estase levando a cabo o reparto de foita e leite durante a merenda de recreo. Fomentar bos hábitos alimenticios repercute positivamente no benestar do noso organismo , de ahí a importancia que estos días lle estamosa dar a unha boa alimentacion rica en froitas e variada.

 Na nosa aula de 3 anos aproveitamos o reparto de froita para traballar algunhas das froitas de inverno e conversar acerca das súas vitaminas .Aquí vos deixamos ademais unhas imaxes dos nosos traballos de  motricidade fina con elas.

viernes, 15 de enero de 2021

Modalidades do programa "Aliméntate ben"-FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria)

Un ano máis levamos a cabo as modalidades de Froita na Escola e por terceiro ano consecutivo tamén a de Lácteos na escola para a mellora dos hábitos alimenticios do noso alumnado.

semana do 18 ao 22 de xaneiro e a semana do 25 ao 29 de xaneiro levarase a cabo o 1º período do reparto de froita (10 días lectivos consecutivos) para todo o alumnado do centro. A partires do martes 19, e durante un período de 27 días lectivos consecutivos realizarase o 1º período do reparto de leite en envases individuais (haberá leite sen lactosa para o alumnado intolerante).

A orde das entregas será a seguinte:

- Luns 18: clementina

Martes 19: melón

Mércores 20: pera

Xoves 21: mazá vermella

Venres 22: plátano

Repetiranse as froitas na semana seguinte.

miércoles, 13 de enero de 2021

Traballando coas froitas na aula de PT

Na aula de PT comenzamos a traballar sobre as froitas, co obxectivo de coñecer as súas propiedades e características, ao mesmo tempo que se recoñecen e identifican froitas propias de cada estación.

Neste caso partimos da lectura: ¡Al rico aguacate!


Ao mesmo tempo que se traballan os aspectos gramaticais propios da lingua, tamén se coñece unha das froitas que non é tan habitual no consumo diario do alumnado e que sen embargo ten propiedades moi beneficiosas e da que dispoñemos nos supermercados da zona.



Continuaremos incluindo novas froitas no "Libro das árbores froiteiras", neste caso toca o aguacate:


e como non, a receita do "guacamole".