jueves, 18 de mayo de 2023

TI SI QUE ES UN BO PEIXE!!!

Os nenos e nenas de 1ºB estivemos nun obradoiro TI SI QUE ES UN BO PEIXE onde nos recomendaron unha alimentación moi chea de peixe e marisco...

                                          Sí, sí ...escoitastes ben!

 



Variado e rico marisco e querémosllo facer chegar as familias!!

Os produtos máis recomendados son os que debuxamos e moi ben para que non haxa confusións!!!

Ummmm! xa nos está entrando un apetito...!!!

E poñendo  en práctica e integrando as Tics  deseñamos uns puzzles con estes debuxos na app picturetopeople. Só tedes que imprimilo e recortalo:                              


ou con outras apps como puzzel.org que fan posible construir puzzles interactivos:

jueves, 11 de mayo de 2023

TI SI QUE ES UN BO PEIXE - 1º A E 1º B

  O martes 9 de maio o alumnado de 1ºA e 1ºB asistiu, dentro do Proxecto "Aliméntate ben", a un obradoiro que se levou a cabo no Salón de Actos do centro, e que lles permitiu adquirir coñecementos sobre diferentes especies mariñas (peixes, mariscos, algas), artes de pesca empregadas para a captura destas especies (cana, rede, cerco...), oficios vinculados á extracción de diferentes variedades do mar (mariñeiros, percebeiros, mariscadores...), lugares de venta e compra de peixes e mariscos (lonxas, peixerías, supermercados...), beneficios do consumo de peixes e mariscos frescos na nosa saúde (vitamina A, B12, C, fósforo, potasio...) e ata aprendeu algunhas receitas de cociña que fan estos produtos máis apetitosos para os nosos rapaces e rapazas.

Toda esta información foille presentada ao alumnado a través de fotografías, paneis, videos e xogos. Tamén recibiron un pequeno agasallo que lles lembre a súa participación nesta iniciativa.

En definitiva, foi unha actividade lúdico-formativa moi interesante e atractiva que ademais de darlles a coñecer diversos aspectos relacionados co mar e as súas especies, incide na importancia do consumo de peixes e mariscos para acadar unha dieta saudable e equilibrada.





miércoles, 10 de mayo de 2023

TI SI QUE ES UN BO PEIXE (4º e 5º EP)

 

Este é un programa creado pola Consellería do Mar co obxectivo de facilitar aos nenos e nenas o coñecemento e consumo de produtos frescos do mar de Galicia e incidir e equilibrar as súas dietas alimentarias.

O alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria participou neste programa cun taller que deu a coñecer os aspectos saudables do consumo de produtos do mar.

Os nenos e nenas descubriron múltiples vantaxes do consumo equilibrado de produtos do mar. Centráronse sobre todo en 9 especies diversas do mundo mariño que gracias ás súas propiedades nutritivas teñen un gran efecto positivo no noso organismo.

Estas foron: percebe, linguado, robaliza, sardiña, pescada, peixe sapo, argazo, nécora e vieira.

Ademais, aprendemos máis sobre as formas de pesca, os tipos de pesca, como criar peixes para comer… e rematamos o obradoiro realizando puzles coas imaxes das noves especies estudadas.

Foi moi divertido e aprendemos moitísimas cousas!





PRATOS SAUDABLES EN 4º EP

 

Os nenos e nenas de 4º de EP intentamos responder á cuestión: cal é a clave dunha alimentación sa e equilibrada?

Aprendemos que todo ten que ver co balance entre a cantidade e calidade dos alimentos.

Ademais, vimos que é moi importante que comamos de todo,  pero de maneira moderada e equilibrada, e que se lle dea prioridade aos alimentos máis naturais e sanos, como verduras e froitas, ademais de que se eviten os azúcares  e os alimentos procesados.

Cada un elaborou un menú dun prato único intentando que tivera alimentos de todos os grupos de maneira equilibrada. Quedaron así de saborosos!








jueves, 27 de abril de 2023

RECICLANDO VASOS DE IOGURT PARA O REGALO DO DÍA DA NAI NA AULA DE 3 ANOS A

 Na aula de 3 anos A decidiron dar unha segunda vida aos vasos de iogurt, por iso os aproveitaron para agasaiar ás mamás no Día da Nai.







Tamén reciclan os envases de iogurt bebible.




miércoles, 26 de abril de 2023

ARCIMBOLDO EN 4º EP

 Logo de traballar a figura do pintor italiano Arcimboldo, e recordar a importancia de comer froitas e verduras para ter unha alimentación sana e equilibrada, os rapaces e rapazas de 4º realizaron os seus propios retratos que quedaron así de bonitos, divertidos e orixinais:






jueves, 20 de abril de 2023

A Auga é Vida

 Na aula de 4Anos A traballamos ao longo deste curso moitos aspectos relativos a auga, entre eles a súa importancia para a vida e para a saúde de animais e plantas e, por suposto, dos seres humanos.

Como actividade motivadora deste tema, ao inicio do curso, fixemos este pequeno mural:



Semana da Prensa Saudable

A semana do 6 ao 10 de marzo traballamos na aula de 4 Anos A a Semana da Prensa facendo o noso propio xornal connoticias que nos gustaría que sucedesen. Entre elas aparecen algunhas sobre a alimentación saudable.






Señora Vaca, Usted Si Que Sabe Trabajar!

 A primeira fin de semada do mes de marzo celébrase cada ano a "Festa do Queixo" en Arzúa.

Este ano, o xoves anterior á festa, algunhas alumnas do Ciclo de E.I. da E.F.A. de Arzúa viñeron ao noso cole a falarnos dos lácteos e da súa importancia na nosa alimentación, e quixemos homenaxear ás vacas por ofrecernos tan rico e bo alimento como son o leite e os seus derivados, con algunhas manualidades.