lunes, 24 de junio de 2024

SEMENTANDO MELÓNS

 

Unha das froitas máis ricas e frescas do verán, e que lles encanta aos peques son os melóns.

Ademais son moi saudables e se as temos nas nosas hortas , aínda mellor!

As sementes dos melóns son máis grandes cas de outras hortalizas e por iso son máis fáciles de coller cos dedos para manipulalas.

Xogamos con Crystal e con Rubén a contar cantas sementes nos quedaban nun sobre que nos deixaron e  repartímolas entre os dous. 

Logo fixeron buraquiños na terra das súas "minihortas" e regáronas case todos os días.

Tardaron algo máis en nacer ca os tomates cherry que sementaron os seus compañeiros pero finalmente levaron para a casa unhas fermosas plantiñas que esperamos que co tempo dean ricos melóns.




No hay comentarios:

Publicar un comentario