Na clase dos Lobos estamos moi contentos de que chegue a primavera. Por iso, quixemos plantar unhas sementes de chícharos para poder ir coñecendo sobre a evolución das plantas. Que precisan? Logo de longas conversas, puxémonos mans á obra.
- Contamos cantos pericos tiñamos.
- Elaboramos unha representación artística.
Días despois...TEMOS O NOSO PRIMEIRO CHÍCHARO! Ademais, as legumes son moi importantes para crecer fortes. Debemos levar unha alimentación moi saudábel.
O mércores día 9 de marzo, tivo lugar unha das modalidades solicitadas no programa "Aliméntate ben", "Fai click ao teu bocata" coa finalidade de dar a coñecer ao alumnado o mundo mariño e a posibilidade do seu consumo a través de conservas debido á súa importancia nutritiva.
Os obxectivos deste programa son:
- Fomentar o consumo de conservas de peixe e marisco entre o alumnado.
- Familiarizar aos nenos e nenas co mundo da conserva do peixe e do marisco para aumentar o seu coñecemento e interese por este produto.
- Transmitir a importancia das conservas de peixe e marisco na dieta en relació ás súas achegas nutritivas.
- Achegar aos nenos e nenas ao coñecemento das distintas especies de peixe e moluscos e as súas características nutricionais.
- Poñer en valor o papel dos consumidores como colectivo, incluíndo aos máis pequenos, á hora de preservar os recursos do mar.
- Aprender a coñecer e manipular os alimentos do mar desde un punto de vista gastronómico empregando as conservas como base en pratos sinxelos, receitas, etc.
Como condutores do programa tivemos a:
- Mar, a científica especializada en Bioloxía mariña, que investiga as propiedades nutricionais dos produtos do mar en conserva.
- Roi, un científico especializado en química que investia sobre o proceso da conserva, os tipos de recipientes, os alimentos que axudan a preservar o produto, a súa data de caducidade...
A maiores contamos con Lata e a súa familia: o seu mozo Bote e as súas fillas as Trilatas-portadoras das conservas mariñas que hai na Terra-que forman parte dun mundo virtual de cómic, onde coñecen a Pan e a súa familia: Molde e Millo.
Deste xeito, os nenos e nenas, poideron descubrie os bocatas de conservas como fonte de alimentación.
Neste Obradoireo, Roi explicou cousas sobre as conservas, sobre algúns peixes e sobre as artes de pesca. David e Mar fixeron uns bocatas de sardiñas, queixo, leituga e tomate para a merenda.
Tamén regalaron aos nenos e nenas unha minineveira e diversos folletos informativos sobre as conservas para que poidan compartir coas súas familias.
Nutriplato é un método para que os nenos e nenas coñezan as bases da alimentación saudable. Por un lado, pode axudar a que coñezan mellor os grupos de alimentos e por outro, é unha maneira moi gráfica de entender as proporcións dos grupos de alimentos para que as comidas sexan saudables.
Con estes materiais que se presentan poderán divertirse e aprender máis sobre alimentación saudable.
Poderemos empregar o seguinte recortable do Método Nutriplato:
A continuación poderán facer un crucigrama sobre alimentación saudabLe, no que todas as respostas están relacionadas con alimentos ou hábitos alimentarios.
Aquí preséntanse "Decoracións cos Nutris" para que poidan colorear ao seu gusto as personaxes Nutris e posteriormente recortar pola liña de puntos. Poden tamén facer un orificio para pasarlles un cordel e colgalos.
Por último, proponse unha ficha para colorear, cun posto de froitas e verduras, no que terán que escoller as cores para cada alimento e colorear o debuxo, deixando que traballe a creatividade.
Unha das propostas que temos na nosa aula consiste na creación de menús saudábeis. Os nenos e nenas deben de escoller aquel que queiran e crealo, traballando multitude de conceptos matemáticos, vocabulario...incluso poden xogar por parellas. Esta marabillosa proposta é de @elena_infantil.
Na clase dos lobos estamos feitos uns cociñeiros nivel experto. Como estamos no entroido decidimos facer un postre típico desta data....sabedes cal? FILLOAS!!!
As verduras son consideradas como un alimento moi saudable, xa que conteñen vitaminas, fibras e minerais. Son unha das principais fontes de saúde para o noso organismo.
Os nenos e nenas de 5 anos A traballan con exemplos de verduras:
Logo poden completar as palabras de nomes de verduras:
e finalmente completan cousas que van aprendendo das verduras:
RECICLAR é unha das actividades cotiás máis sinxelas e gratificantes que podemos levar a cabo. É tamén un exemplo de responsabilidade social e coidado do medio ambiente. Por iso, ensinar aos nenos e nenas a importancia de coidar o medio ambiente é moi importante para que medren como persoas responsables e comprometidas, e se queremos que realmente vexan a necesidade de protexer o planeta teremos que ensinarlles con xogos e actividades divertidas que poidan levar a cabo no seu día a día.
Con imaxinación, podemos dar nova vida a moitos residuos; é por iso que na aula elaboraron árbores de Nadal cos tubos de cartón do papel e tamen construíron unha árbore de Nadal máis grande.
Que podes facer ti polo medio ambiente? Reutiliza e recicla. Antes de tirar algo, pensa se é posible darlle unha segunda vida ou se podes aproveitalo para outra cousa.
OMAGOSTOé unha festa tradicional típica galega relacionada coa colleita das castañas.
A palabra Magosto significa “fogueira preparada para asar as castañas” en torno á cal se reunían os vecinos e veciñas para compartilas e festexar xuntos e xuntas.
Nesta festa a castaña e o lume únense para celebrar a chegada do outono.
Os nenos e nenas do CEIP de Arzúa traballamos e aprendemos máis sobre esta festividade realizando diversos traballos e manualidades.
Partimos da nosa paisaxe, a que forma parte do patio do noso centro, donde os castiñeiros aportan unha estampa propia do outono e a castaña é a gran protagonista.
Ademais o venres, 5 de novembro, celebramos o noso Magosto no colexio degustando castañas asadas e tomando un chocolatiño ben quentiño e saboroso.
Foi unha xornada na que as castañas, a chocolatada e a compañía dos nosos compañeiros e compañeiras de clase fixeron que fose moi divertida.
OSAMAÍN(que significa"fin do verán") é unha festividade de orixe celta na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración da fin da tempada de colleitas e era considerada como o "ASno Novo Celta".
Ademais, nesta noite as almas dos defuntos volvían ao mundo dos vivos para visitar aos parentes. Os celtas realizaban diversos ritos nos que se comunicaban cos defuntos. Para espantar aos malos espíritos decoraban as casas con adornos de medo e utilizaban máscaras e disfraces. Tamén deixaban alimentos nas portas para contentalos.
Tiñan como costume facer farois con nabos e cabazas para guiar aos espíritos bos de volta a casa e espantar aos malos.
O alumnado do Ceip de Arzúa traballou nas aulas sobre esta festividade, realizando lecturas, traballos, manualidades, murais, escoitando cancións ou vendo algún vídeo no que aprendemos máis sobre a orixe desta conmemoración. O venres, 29 celebramos este día e viñemos disfrazados e disrfazadas. Foi terroríficamente divertido!
Actividades dos nenos e nenas de 4 anos: merenda con elaboración de caras terroríficas, a pantasma COME - MEDOS e coroas con caras de diferentes emocións.
O alumnado de 5 anos B preparou un cemiterio de libros, onde estaban aqueles esquecidos ou non lidos. Pero coa súa axuda, que quixeron ler eses libros e escoitar esas historias, conseguiron revivilos!
Traballo realizado polo alumnado de 4º de Educación Primaria: "Sempre hai que lembrar".