miércoles, 9 de marzo de 2022

FAI CLICK AO TEU BOCATA

 O mércores día 9 de marzo, tivo lugar unha das modalidades solicitadas no programa "Aliméntate ben", "Fai click ao teu bocata" coa finalidade de dar a coñecer ao alumnado o mundo mariño e a posibilidade do seu consumo a través de conservas debido á súa importancia nutritiva.

Os obxectivos deste programa son:

- Fomentar o consumo de conservas de peixe e marisco entre o alumnado.

- Familiarizar aos nenos e nenas co mundo da conserva do peixe e do marisco para aumentar o seu coñecemento e interese por este produto.

- Transmitir a importancia das conservas de peixe e marisco na dieta en relació ás súas achegas nutritivas.

- Achegar aos nenos e nenas ao coñecemento das distintas especies de peixe e moluscos e as súas características nutricionais.

- Poñer en valor o papel dos consumidores como colectivo, incluíndo aos máis pequenos, á hora de preservar os recursos do mar.

- Aprender a coñecer e manipular os alimentos do mar desde un punto de vista gastronómico empregando as conservas como base en pratos sinxelos, receitas, etc.

Como condutores do programa tivemos a:

- Mar, a científica especializada en Bioloxía mariña, que investiga as propiedades nutricionais dos produtos do mar en conserva.

- Roi, un científico especializado en química que investia sobre o proceso da conserva, os tipos de recipientes, os alimentos que axudan a preservar o produto, a súa data de caducidade...

A maiores contamos con Lata e a súa familia: o seu mozo Bote e as súas fillas as Trilatas-portadoras das conservas mariñas que hai na Terra-que forman parte dun mundo virtual de cómic, onde coñecen a Pan e a súa familia: Molde e Millo.

Deste xeito, os nenos e nenas, poideron descubrie os bocatas de conservas como fonte de alimentación.

Neste Obradoireo, Roi explicou cousas sobre as conservas, sobre algúns peixes e sobre as artes de pesca. David e Mar fixeron uns bocatas de sardiñas, queixo, leituga e tomate para a merenda.

Tamén regalaron aos nenos e nenas unha minineveira e diversos folletos informativos sobre as conservas para que poidan compartir coas súas familias.



No hay comentarios:

Publicar un comentario