lunes, 8 de noviembre de 2021

MAGOSTO

 O MAGOSTO é unha festa tradicional típica galega relacionada coa colleita das castañas.

A palabra Magosto significa “fogueira preparada para asar as castañas” en torno á cal se reunían os vecinos e veciñas para compartilas e festexar xuntos e xuntas.

Nesta festa a castaña e o lume únense para celebrar a chegada do outono.

Os nenos e nenas do CEIP  de Arzúa traballamos e aprendemos máis sobre esta festividade realizando diversos traballos e manualidades.

Partimos da nosa paisaxe, a que forma parte do patio do noso centro, donde os castiñeiros aportan unha estampa propia do outono e a castaña é a gran protagonista.





Ademais o venres, 5 de novembro, celebramos o noso Magosto no colexio degustando castañas asadas e tomando un chocolatiño ben quentiño e saboroso.

Foi unha xornada na que as castañas, a chocolatada e a compañía dos nosos compañeiros e compañeiras de clase fixeron que fose moi divertida.

Feliz MAGOSTO!

  

 

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario