Participamos nas actividades e talleres de formación dos plans Proxecta +:
No outono, a nosa aula de 6º nivel de educación infantil grupo B, fixemos varias degustacións para presentar e valorar os froitos da estación, propostas que nos axudaron a valorar á aportación da natureza e a taballar o ámbito sensorial.
Na nosa aula continuamos pensando que a relación familia - escola é primordial, de aí a colaboración contínua coas familias.
En este caso unha familia achegounos unha sandía da súa horta para merendar. Unha froita fresquiña que nos refrescou o paladar ! Estaba boísima! Aproveitamos así para seguir traballando alimentación saudable, aspectos lóxico-matemáticos como forma e cores , o sentido do gusto...
En esta primavera 2022 plantamos Verbenas , unha planta de follas simples e flores de variadas cores.
Para facelo elaboramos as nosas propias macetas e encargámonos os seus coidados ata o seu nacemento.
Esta semana na aula de 4 anos recolectamos flores e ramas no noso patio para a elaboracion dun taller de primavera no que traballamos a motricidade fina e sobre todo a imaxinacion.
As nosas obras de arte quedaron así de ben!
APROVEITANDO QUE TODAS A SEMANAS SE REPARTE FROITA NA HORA DO RECREO, NA NOSA AULA DE 4 ANOS DECIDIMOS FACER MADEDONIA PARA MERENDAR. TRABALLAMOS AS FROITAS DE ESA SEMANA, APRENDEMOS A ELABORAR ESTE POSTRE E O MÁIS I PORTANTE ...APRENDEMOS A PROBAR COUSAS NOVAS ...
NA AULA DE 4 ANOS ELABORAMOS O NOSO PROPIO NUTRIPLATO FACENDO FINCAPÉ NA IMPORTANCIA DE UNHA ALIMENTACION VARIADA.
As froitas e as verduras son moi importantes nunha alimentación saudable e tamén nos poden axudar a entender mellor algúns conceptos matemáticos como o de metade e a correapondencia número-cantidade. Na aula de 3 anos A fixemos estes xogos para traballar todo isto.
Ademais das castañas, o outono déixanos en Galicia unha morea de froitos moi sans para incluín na nosa dieta, e na aula de 3 Anos A traballamos algúns deles no primeiro trimestre.
As castañas son un elemento e un alimento importante das paisaxes de Galicia no outono, así como da súa historia, da súa gastronomía e da súa cultura. Por iso na aula de 3 Anos A quixemos adicarlle a este alimento varios traballiños.
O alumnado de 2º e 3º de primaria participou nun obradoiro de "Alimentación sostible" levado a cabo por Educalecrín.
Partindo da agricultura ecolóxica e produtos ecolóxicos, pasando polas plagas e uso de pesticidas, os gases e o cambio climático falouse tamén dos produtos e do invernadoiro.
A continuación leváronse a cabo actividades como:
- Xogo de mercado, no que o alumnado, por grupos, tivo que coller 6 alimentos sostibles para a natureza e para a nosa saúde. Había algúns trucos a ter en conta: que non conteñen plásticos, que sexan produtos de cerca e mellor que leven proteína vexetal. É dicir, os distintos grupos, tiveron que facer unha compra sostible.
- Logo, entre todos ver como o fixeron e como se pode mellorar, por exemplo o erro de coller avelás plastificadas de Turquía cando había a granel ou coller plátano de Colombia, garbanzoa de Estados Unidos e plastificados...É importante coller legumes e froitos secos porque teñen proteínas...Preguntouse grupo por grupo se foi unha boa compra ou se cambiarían algo.
- Actividade individual: debuxar a dieta planetaria, un pouco distinta á dieta saudable, que ten máis proteína vexetal e é bo para o planeta. Esta dieta consiste en metade do prato de froitas e verduras e a outra metade proteínas vexetais, pequenas cantidades de carne e lácteos e moi poucos azúcares.
Pasárono xenial!!!
O alumnado de 5º de primaria montou os seus propios negocios de hostalería:
7 RESTAURANTES situados en diferentes puntos de Galicia: O Grove, Arzúa, A Coruña, Vigo, Santiago, Ribadeo e un restaurante en Madrid.
Neles poderás atopar menús de diferentes tipos: menús para todos os días, menús infantís, menús para un xantar ou para unha cea especial...
Iso si, procuramos que todos os menús fosen saudables e que houbese un equilibrio en canto aos produtos cos que se elaboran.
Agora... ANÍMASTE A XOGAR CONNOSCO?
Coñecendo só o nome do restaurante... a cal irías?
E ... se miras a portada das cartas... seguirías indo ao mesmo restaurante?
*Se queres comprobar se escolliches o restaurante máis
apropiado para ti e acceder a todos os pratos e receitas que nos ofrecen... PINCHA AQUÍ!
Traballamos un pouco a súa historia, que se remonta ao 1870, cando os comerciantes da cidade se reunían na praza para vender os seus produtos.
O mercado actual foi construído no ano 1941 e conta con máis de 5.000 metros cadrados repartidos en 8 naves de dúas plantas.
O seu horario é de 08:00 a 14:00 horas de luns a sábado.
Mirade algunhas das actividades que alí fixemos!
Sabías que?