O alumnado de 5º de primaria montou os seus propios negocios de hostalería:
7 RESTAURANTES situados en diferentes puntos de Galicia: O Grove, Arzúa, A Coruña, Vigo, Santiago, Ribadeo e un restaurante en Madrid.
Neles poderás atopar menús de diferentes tipos: menús para todos os días, menús infantís, menús para un xantar ou para unha cea especial...
Iso si, procuramos que todos os menús fosen saudables e que houbese un equilibrio en canto aos produtos cos que se elaboran.
Agora... ANÍMASTE A XOGAR CONNOSCO?
Coñecendo só o nome do restaurante... a cal irías?
- RESTAURANTE O SEGREDO
- RESTAURANTE CASA DAS DELICIAS
- O GALEÓN
- RESTAURANTE PIÑEIRAL
- RESTAURANTE PEIWEI
- RESTAURANTE SÓ SAUDABLE
- RESTAURANTE BAN
E ... se miras a portada das cartas... seguirías indo ao mesmo restaurante?
*Se queres comprobar se escolliches o restaurante máis
apropiado para ti e acceder a todos os pratos e receitas que nos ofrecen... PINCHA AQUÍ!
No hay comentarios:
Publicar un comentario