jueves, 15 de abril de 2021

OS BOLECHAS VISITAN UNHA GRANXA DE LEITE COS NENOS E NENAS DE 5 ANOS B

Tendo en conta a participación do noso centro, por terceiro ano consecutivo, na subministración de leite líquido e dando resposta aos obxectivos do programa Aliméntate ben:

- Coñecer o leite como un alimento básico e completo que intervén na nosa alimentación.

- Potenciar o consumo de leite como o máis completo e equilibrado dos alimentos.

- Coñecer o proceso do leite e os seus derivados.

- Coñecer os beneficios do leite para os ósos, os dentes, os músculos...

os nenos e nenas de 5 anos B, o luns 1 de marzo, escoitaron o conto dos Bolechas titulado:

" Os Bolechas visitan unha granxa de leite"

A granxa que visitan é a da familia da súa amiga Flora. Flora convídaos a queixo de distintos sabores, pois ela é tola polo leite e os produtos lácteos. As vacas da granxa da familia de Flora son de raza frisoa. Son brancas con pintas negras. As vacas frisoas dan moito leite, miles de litros ao ano cada unha delas!

O que máis lles chamou a atención aos nenos e nenas foi que as vacas de granxas levan dous "pendentes". Son como a matrícula dos coches. Cada vaca ten a súa matrícula.

Pero... para que levan "pendentes" as vacas?

Pois para saber quen é cada vaca. Polo código de barras, as letras e os números dos "pendentes" sabemos moitas cousas:

  • Quen son os seus donos.
  • Onde vive?
  • Canto leite dá.
  • Se estivo enferma e que medicamento tomou.
E claro...as vacas comen todos os días, tamén os sábados e os domingos, e os días de vacacións.
Aquí temos a comida das vacas:

Pero as vacas, igual ca nós tamén necesitan descansar, botar unha sesta e estar cómodas.



Tamén é moi importante a saúde das vacas, tamén necesitan que as vexa o "médico", como a nós.
Os "médicos" das vacas son os veterinarios e veterinarias. Mirade o que fan:



ONDE SE FABRICA O LEITE?


A CENTRAL LEITEIRA

ALIMENTOS QUE SE FAN CO LEITE


O LEITE É BO PARA A NOSA SAÚDE


Logo de facer esta visita, os nenos e nenas fixeron unhas actividades:
- Pintarlle as pintas á vaca frisoa.
- Marcar cantos tetos teñen as ubres das vacas e debuxalos.


Tamén viron o vídeo de Lula









e...finalmente cantaron a cancíon



Pasárono xenial aprendendo!



No hay comentarios:

Publicar un comentario