viernes, 16 de abril de 2021

OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS B REALIZARON UNHA PIRÁMIDE ALIMENTICIA

Tendo en conta que o día 7 de abril se celebrou o día Mundial da Saúde, quixemos traballalo en cada aula de xeito particular dado a importancia de manter e mellorar a saúde dos nenos e nenas mediante a promoción de hábitos saudables, a prevención de accidentes que se poden producir no ámbito escolar. O noso obxectivo dende o ámbito escolar é a necesidade de fomentar a adquisición de coñecementos, que potencien o desenvolvemento dos nenos/as para elixir estilos de vida sa.

Para comezar a nosa andaina e afondar neste tema os nenos/as de 5 anos visualizaron un vídeo documental sobre a saúde e a importancia de escoller ben os alimentos para a nosa dieta diaria:



https://youtu.be/6ZtiP7bI538

Rematado o vídeo realizamos unha choiva de ideas acerca do que que visualizamos no mesmo e foron xurdindo preguntas como:

“por que os ovos non se poden comer todos os días?”

“eu tomo leite todas a mañás, iso non é bo?”

“a min gústanme moito as chuches, non as poido comer todos os días?”

“que son as proteínas?”

“o peixe onde temos que colocalo entón?”

 

Cando rematamos a choiva de idea e respostamos entre todos a esas cuestións iniciais, era o momento de poñernos mans á obra. Proporcionamos aos nenos/as a imaxe en 3D dunha pirámide, recortárona e pegaron os seus ladiños.

Logo buscamos nos folletos do supermercado os alimentos que tiñamos que poñer en cada un dos peldaños da nosa pirámide.


Collemos tesoira e pegamento e puxémonos a buscar:




Finalmente.... A nosa pirámide está lista para levar as casiñas.

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario