O día 18 de maio, o alumnado de 1º de primaria levou a cabo un taller de Reciclaxe e Compostaxe a través do Concello de Arzúa.
Por que é importante reciclar?
Tratáronse temas como:
Os seres vivos dependen de como nós cuidemos o planeta.
Deforestación, arrancando árbores dun xeito non respetuoso co medio ambiente.
Reciclar papel
Restos de comida
Composteiro
Leváronse a cabo actividades por grupos:
- Repartíronse fichas para facer en grupo sobre os contidos expostos: entrega de residuos para colorear e meter no contedor que corresponda e poñer o nome do contedor.
- Actividade de compostaxe: buscar bichiños no compost coa axuda de lupas, guantes e pauciños.
Na materia de Valores, o alumnado de 2º B segue a traballar o compromiso co coidado do medio e a agricultura sostible. Por iso, e aproveitando o novo carro de cultivo recibido no centro, comezaron co seu Minihorto, co que están a coñecer as plantas da horta e o seu proceso de xerminación.
O alumnado de Valores de 2º B, no invernadoiro do colexio, recolecta a colleita de amorodos que levan coidando desde que os plantaron o curso pasado. E que ben se lles están dando.
O noso centro foi seleccionado como beneficiario da medida de acompañamento do "Programa escolar de consumo de froitas" do curso 2021/22, que consiste nun carriño de cultivo cos seus complementos, que nos envía o Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).
Como remata o segundo trimestre imos a levar os nosos chícharos para a casa. Por iso, reflexionamos sobre o seu proceso de crecemento, das partes das plantas, do que precisan para crecer...
O seu crecemento vai a seguir nas casas dos lobos. Toca trasplantar!
O venres día 18 de marzo, tivo lugar outra das modalidades solicitadas no programa "Aliméntate ben","Ti sique es un bo peixe".
O mar é un elementro que define e caracteriza boa parte da riqueza da nosa terra, e unha fonte de recursos moi prezada, pois arredor del configúrase un sector primario estratéxico a nivel económico, social e tamén cultural. De ahí a importancia de que sexamos conscientes deste tesouro único que nos brinda a nosa terra, porque asumir e ter claro o privilexio que temos de contar cos recursos que nos aporta, é a mellor ferramenta para coidalo e defendelo.
Por isto, "Ti si que es un bo peixe" é un programa creado pola Consellería do Mar cos seguintes obxectivos:
Fomentar o consumo de peixe e mariscos entre o alumnado.
Familiarizar ao alumnado co mundo da pesca e da acuicultura, transporte e preparación do peixe e do marisco para aumentar o seu coñecemento e interese sobre este produto.
Transmitir aos nenos e nenas a importancia do peixe e do marisco na dieta en relación ás súas achegas nutritivas.
Achegar aos pequenos e pequenas o coñecemento das distintas especies de peixe e marisco e as súas características nutricionais.
Poñer en valor o papel dos consumidores como colectvo, incluíndo aos mais pequenos, á hora de preservar os recursos do mar.
Aprender a coñecer e manipular os alimentos do mar dende un punto de vista gastronómico: pratos sinxelos, alta cociña ou receitas, etc.
Neste obradoiro danse a coñecer os aspectos saudables do consumo de produtos do mar.
Uxía e Roque falaron sobre algúns peixes e mariscos. Explicaron cal é o seu nome científico, como se pescan, que beneficios nos aportan...
Tamén agasallaron aos nenos e nenas cun folleto con receitas que se poden facer cos peixes e mariscos e un pano para a cabeza.
Na clase dos Lobos estamos moi contentos de que chegue a primavera. Por iso, quixemos plantar unhas sementes de chícharos para poder ir coñecendo sobre a evolución das plantas. Que precisan? Logo de longas conversas, puxémonos mans á obra.
- Contamos cantos pericos tiñamos.
- Elaboramos unha representación artística.
Días despois...TEMOS O NOSO PRIMEIRO CHÍCHARO! Ademais, as legumes son moi importantes para crecer fortes. Debemos levar unha alimentación moi saudábel.
O mércores día 9 de marzo, tivo lugar unha das modalidades solicitadas no programa "Aliméntate ben", "Fai click ao teu bocata" coa finalidade de dar a coñecer ao alumnado o mundo mariño e a posibilidade do seu consumo a través de conservas debido á súa importancia nutritiva.
Os obxectivos deste programa son:
- Fomentar o consumo de conservas de peixe e marisco entre o alumnado.
- Familiarizar aos nenos e nenas co mundo da conserva do peixe e do marisco para aumentar o seu coñecemento e interese por este produto.
- Transmitir a importancia das conservas de peixe e marisco na dieta en relació ás súas achegas nutritivas.
- Achegar aos nenos e nenas ao coñecemento das distintas especies de peixe e moluscos e as súas características nutricionais.
- Poñer en valor o papel dos consumidores como colectivo, incluíndo aos máis pequenos, á hora de preservar os recursos do mar.
- Aprender a coñecer e manipular os alimentos do mar desde un punto de vista gastronómico empregando as conservas como base en pratos sinxelos, receitas, etc.
Como condutores do programa tivemos a:
- Mar, a científica especializada en Bioloxía mariña, que investiga as propiedades nutricionais dos produtos do mar en conserva.
- Roi, un científico especializado en química que investia sobre o proceso da conserva, os tipos de recipientes, os alimentos que axudan a preservar o produto, a súa data de caducidade...
A maiores contamos con Lata e a súa familia: o seu mozo Bote e as súas fillas as Trilatas-portadoras das conservas mariñas que hai na Terra-que forman parte dun mundo virtual de cómic, onde coñecen a Pan e a súa familia: Molde e Millo.
Deste xeito, os nenos e nenas, poideron descubrie os bocatas de conservas como fonte de alimentación.
Neste Obradoireo, Roi explicou cousas sobre as conservas, sobre algúns peixes e sobre as artes de pesca. David e Mar fixeron uns bocatas de sardiñas, queixo, leituga e tomate para a merenda.
Tamén regalaron aos nenos e nenas unha minineveira e diversos folletos informativos sobre as conservas para que poidan compartir coas súas familias.
Nutriplato é un método para que os nenos e nenas coñezan as bases da alimentación saudable. Por un lado, pode axudar a que coñezan mellor os grupos de alimentos e por outro, é unha maneira moi gráfica de entender as proporcións dos grupos de alimentos para que as comidas sexan saudables.
Con estes materiais que se presentan poderán divertirse e aprender máis sobre alimentación saudable.
Poderemos empregar o seguinte recortable do Método Nutriplato:
A continuación poderán facer un crucigrama sobre alimentación saudabLe, no que todas as respostas están relacionadas con alimentos ou hábitos alimentarios.
Aquí preséntanse "Decoracións cos Nutris" para que poidan colorear ao seu gusto as personaxes Nutris e posteriormente recortar pola liña de puntos. Poden tamén facer un orificio para pasarlles un cordel e colgalos.
Por último, proponse unha ficha para colorear, cun posto de froitas e verduras, no que terán que escoller as cores para cada alimento e colorear o debuxo, deixando que traballe a creatividade.
Unha das propostas que temos na nosa aula consiste na creación de menús saudábeis. Os nenos e nenas deben de escoller aquel que queiran e crealo, traballando multitude de conceptos matemáticos, vocabulario...incluso poden xogar por parellas. Esta marabillosa proposta é de @elena_infantil.
Na clase dos lobos estamos feitos uns cociñeiros nivel experto. Como estamos no entroido decidimos facer un postre típico desta data....sabedes cal? FILLOAS!!!
As verduras son consideradas como un alimento moi saudable, xa que conteñen vitaminas, fibras e minerais. Son unha das principais fontes de saúde para o noso organismo.
Os nenos e nenas de 5 anos A traballan con exemplos de verduras:
Logo poden completar as palabras de nomes de verduras:
e finalmente completan cousas que van aprendendo das verduras: