domingo, 20 de marzo de 2022

TI SI QUE ES UN BO PEIXE

 O venres día 18 de marzo, tivo lugar outra das modalidades solicitadas no programa "Aliméntate ben", "Ti sique es un bo peixe".


O mar é un elementro que define e caracteriza boa parte da riqueza da nosa terra, e unha fonte de recursos moi prezada, pois arredor del configúrase un sector primario estratéxico a nivel económico, social e tamén cultural. De ahí a importancia de que sexamos conscientes deste tesouro único que nos brinda a nosa terra, porque asumir e ter claro o privilexio que temos de contar cos recursos que nos aporta, é a mellor ferramenta para coidalo e defendelo.

Por isto, "Ti si que es un bo peixe" é un programa creado pola Consellería do Mar cos seguintes obxectivos:

  1. Fomentar o consumo de peixe e mariscos entre o alumnado.
  2. Familiarizar ao alumnado co mundo da pesca e da acuicultura, transporte e preparación do peixe e do marisco para aumentar o seu coñecemento e interese sobre este produto.
  3. Transmitir aos nenos e nenas a importancia do peixe e do marisco na dieta en relación ás súas achegas nutritivas.
  4. Achegar aos pequenos e pequenas o coñecemento das distintas especies de peixe e marisco e as súas características nutricionais.
  5. Poñer en valor o papel dos consumidores como colectvo, incluíndo aos mais pequenos, á hora de preservar os recursos do mar.
  6. Aprender a coñecer e manipular os alimentos do mar dende un punto de vista gastronómico: pratos sinxelos, alta cociña ou receitas, etc.
Neste obradoiro danse a coñecer os aspectos saudables do consumo de produtos do mar.
Uxía e Roque falaron sobre algúns peixes e mariscos. Explicaron cal é o seu nome científico, como se pescan, que beneficios nos aportan...




Tamén agasallaron aos nenos e nenas cun folleto con receitas que se poden facer cos peixes e mariscos e un pano para a cabeza.


No hay comentarios:

Publicar un comentario