viernes, 28 de junio de 2024

PLANTANDO MORILLÓNS

 As froitas son, podiblemente, un dos alimentos máis saudables que nos ofrece a natureza.

Algunhas delas son silvestres pero igualmente podemos trasplantalas a lugares que lle dexan propicios para medrar e así poder defrutar deles.

A nai de Roque, de 5 Anos A, mandounos unha mores de plantiñas de morillóns para trasplantar.

Reutilizamos cartóns de leite e decorámolos para poñer as nosas plantiñas.

Coidámolas na aula uns días e comezaron a botar flores.

Logo os "peques" levaron cadansúa "maceta" para a casa e algunhas axiña comezaron a dar froitos.

Con esta actividade prenderon as partes dunha planta e os coidados que necesitan dun xeito moi divertido e nutritivo.

Tamén falamos da importancia de reutilizar envases e outros obxectos para xerar menos lixo e así axudar a reducir a contaminación.













lunes, 24 de junio de 2024

SEMENTANDO MELÓNS

 

Unha das froitas máis ricas e frescas do verán, e que lles encanta aos peques son os melóns.

Ademais son moi saudables e se as temos nas nosas hortas , aínda mellor!

As sementes dos melóns son máis grandes cas de outras hortalizas e por iso son máis fáciles de coller cos dedos para manipulalas.

Xogamos con Crystal e con Rubén a contar cantas sementes nos quedaban nun sobre que nos deixaron e  repartímolas entre os dous. 

Logo fixeron buraquiños na terra das súas "minihortas" e regáronas case todos os días.

Tardaron algo máis en nacer ca os tomates cherry que sementaron os seus compañeiros pero finalmente levaron para a casa unhas fermosas plantiñas que esperamos que co tempo dean ricos melóns.




"MINIHORTAS" DE TOMATES CHERRY

 As verduras e hortalizas son alimentos moi sans que non deben faltar nunha dieta saudable, e se aínda por riba os cultivamos nós e os coidamos sen elementos químicos, mellor aínda.

Nos últimos días de cole reutilizamos uns vellos tuppers que había na clase que se usaran en cursos pasados para gardar pinturas, para poñer neles unhas sementes de tomates cherry. 

Decoramos as nosas "hortas" cuns debuxos dunha granxa, un sol e un granxeiro.

Coidámolas tan ben que aos poucos días xa naceran as plantiñas e medraban tanto que axiña pasaron por riba dos debuxos.

Leváronos moi contentos co seu traballo para as súas casas e alí seguen coidando as súas plantiñas.

Esperamos que pronto dean froitos e desfruten moito deles.