Levarase a cabo a lectura dunha noticia e o visionado dun vídeo, no que se amosa como os restos de máscaras e luvas acaban no mar e afectando por tanto ao medio.
Esta actividade serviranos para reflexionar sobre os efectos secundarios da pandemia sobre o medio e valeranos como catalizador para impulsar a concienciación sobre o coidado do medio na nosa comunidade educativa.
En primeiro lugar, centrarémonos no titular: "Mascarillas y guantes, el nuevo problema de contaminación del mar tras el coronavirus" levando a cabo un debate a través de preguntas como:
- Por que pensades que as máscaras e as luvas son un problema para o mar?
- Algunha vez vistes residuos no mar?
- Pareceuvos que está ben?
A continuación procederase á lectura e visionado do vídeo e á posta en común e reflexións:
https://www.antena3.com/noticias/deportes/mascarillas-y-guantes-el-nuevo-problema-de-contaminacion-del-mar-tras-el-coronavirus-es-una-bomba_202006055eda6d2546959a0001513af8.html
- Por que crees que é importante?
- Crees que ten consecuencias para o noso ecosistema?
- E para a nosa saúde?
- Que farías ti?
- Como podemos axudar?
Iniciamos un debate: A reciclaxe no noso colexio, onde botamos os restos da COVID-19 (máscaras, panos desbotables, luvas, ...)?
Asemade, relacionámolo coa temática da saúde: como afecta a contaminación no noso organismo?; repercusión que ten no noso medio?
A continuación reflexionamos, como podemos axudar a nivel de aula? Polo que se traballará a clasificación dos residuos.
Cada aula participante pode elaborar o seu propio traballo de aula sobre a reciclaxe, que contribúa ao coidado do medio, incluíndo os residuos producidos pola COVID-19
No hay comentarios:
Publicar un comentario