Un ano máis levamos a cabo as modalidades de Froita na Escola e por terceiro ano consecutivo tamén a de Lácteos na escola para a mellora dos hábitos alimenticios do noso alumnado.
A semana do 18 ao 22 de xaneiro e a semana do 25 ao 29 de xaneiro levarase a cabo o 1º período do reparto de froita (10 días lectivos consecutivos) para todo o alumnado do centro. A partires do martes 19, e durante un período de 27 días lectivos consecutivos realizarase o 1º período do reparto de leite en envases individuais (haberá leite sen lactosa para o alumnado intolerante).
A orde das entregas será a seguinte:
- Luns 18: clementina
- Martes 19: melón
- Mércores 20: pera
- Xoves 21: mazá vermella
- Venres 22: plátano
Repetiranse as froitas na semana seguinte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario