Tendo en conta a situación que estamos a vivir e contando ademais con que o centro está a participar no Plan Proxecta en diferentes cursos, as coordinadoras dos programas "Aliméntate ben" e "Sustentabilidade e paisaxe" propoñemos unha serie de actividades para que dun xeito entretido, os nenos e nenas, poidan aprender un pouquiño sobre estes temas. Esta vez vai relacionado co mundo da costa, un pouco máis lonxe de nós e que seguramente descoñecemos máis. Os nenos e nenas poden pasar momentos agradables e ao mesmo tempo estarán aprendendo cousas novas, co obxectivo de familiarizarse co mundo da pesca e da acuicultura para aumentar o seu coñecemento e interese por este produto.
Preme na imaxe e descarga.
Disfrutade tamén con estes outros, para aprender máis cousas e logo poder facer o voso traballo.
Vídeos 360º Vivir a experiencia de distintas profesións do mar dunha maneira directa a través da visualización en 360º desprazándose pola pantalla do ordenador para visualizalo desde diferente puntos de vista (preme no botón esquerdo do rato e móvete ata 360º nos vídeos. Poderemos coñecer:
Vídeos de artes: Imos de pesca
Se queredes coñecer o peirao, aquí o tedes.
Coñezo o peirao Con esta actividade interactiva que tes que descargar vas pinchando nas diferentes imaxes e aparecerá información de cada unha delas.
Agora sí que chegou o momento de traballar un pouquiño e demostrar todo o que aprendestes con esta información proporcionada.
O voso traballo consistirá en responder ás seguintes preguntas e, para que quede un traballo bonito podédelas acompañar con debuxos:
1. Que é a acuicultura?
2. Nomea peixes e mariscos e as técnicas que se empregan para capturalos. Como se chama a persoa que os captura?
3. Que tipos de pesca existen?
4. Que é o marisqueo? Tipos e diferenzas entre cada un deles.
Traballo de Markel de 6º A
Traballo de Martín de 6º A
No hay comentarios:
Publicar un comentario