miércoles, 2 de febrero de 2022

NA AULA DE 5 ANOS A APRENDEN AS VERDURAS

 


As verduras son consideradas como un alimento moi saudable, xa que conteñen vitaminas, fibras e minerais. Son unha das principais fontes de saúde para o noso organismo.

Os nenos e nenas de 5 anos A traballan con exemplos de verduras:


Logo poden completar as palabras de nomes de verduras:


e finalmente completan cousas que van aprendendo das verduras:





lunes, 17 de enero de 2022

PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITAS E LEITE

 



Na semana do 17 ao 21 de xaneiro da comezo o 1º período de reparto de froitas e leite, a través do FOGGA:

- 1º período de reparto de froita10 días lectivos consecutivos, do 17 ao 28 de xaneiro.

   As froitas da 1ª semana: mandarinamelónperaplátano e mazá.

   As froitas de 2ª semana: melón, plátanoperaamorodo e clementina.

 

- 1º período de reparto de leite (con e sen lactosa)dende o xoves 20 de xaneiro ata o día 28 de febreiro.




viernes, 3 de diciembre de 2021

RECICLAXE NA AULA DE 5 ANOS A

RECICLAR é unha das actividades cotiás máis sinxelas e gratificantes que podemos levar a cabo. É tamén un exemplo de responsabilidade social e coidado do medio ambiente. Por iso, ensinar aos nenos e nenas a importancia de coidar o medio ambiente é moi importante para que medren como persoas responsables e comprometidas, e se queremos que realmente vexan a necesidade de protexer o planeta teremos que ensinarlles con xogos e actividades divertidas que poidan levar a cabo no seu día a día.

Con imaxinación, podemos dar nova vida a moitos residuos; é por iso que na aula elaboraron árbores de Nadal cos tubos de cartón do papel e tamen construíron unha árbore de Nadal máis grande.

Que podes facer ti polo medio ambiente? Reutiliza e recicla. Antes de tirar algo, pensa se é posible darlle unha segunda vida ou se podes aproveitalo para outra cousa.



Ao chegar a primavera tamén chegan as bolboretas




 

jueves, 18 de noviembre de 2021

A DESCRIPCIÓN DE FROITAS NA AULA DE PT

 Para describir obxectos debemos de ter en conta:


Neste caso o obxecto elixido froi unha froita: a mazá
Foi de gran axuda o libro das froitas da aula, elaborado polo alumnado da mesma ao longo de diferentes cursos.




lunes, 8 de noviembre de 2021

MAGOSTO

 O MAGOSTO é unha festa tradicional típica galega relacionada coa colleita das castañas.

A palabra Magosto significa “fogueira preparada para asar as castañas” en torno á cal se reunían os vecinos e veciñas para compartilas e festexar xuntos e xuntas.

Nesta festa a castaña e o lume únense para celebrar a chegada do outono.

Os nenos e nenas do CEIP  de Arzúa traballamos e aprendemos máis sobre esta festividade realizando diversos traballos e manualidades.

Partimos da nosa paisaxe, a que forma parte do patio do noso centro, donde os castiñeiros aportan unha estampa propia do outono e a castaña é a gran protagonista.





Ademais o venres, 5 de novembro, celebramos o noso Magosto no colexio degustando castañas asadas e tomando un chocolatiño ben quentiño e saboroso.

Foi unha xornada na que as castañas, a chocolatada e a compañía dos nosos compañeiros e compañeiras de clase fixeron que fose moi divertida.

Feliz MAGOSTO!

  

 

  

lunes, 1 de noviembre de 2021

SAMAIN

 O SAMAÍN (que significa "fin do verán") é unha festividade de orixe celta na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración da fin da tempada de colleitas e era considerada como o "ASno Novo Celta".

Ademais, nesta noite as almas dos defuntos volvían ao mundo dos vivos para visitar aos parentes. Os celtas realizaban diversos ritos nos que se comunicaban cos defuntos. Para espantar aos malos espíritos decoraban as casas con adornos de medo e utilizaban máscaras e disfraces. Tamén deixaban alimentos nas portas para contentalos.

Tiñan como costume facer farois con nabos e cabazas para guiar aos espíritos bos de volta a casa e espantar aos malos.

O alumnado do Ceip de Arzúa traballou nas aulas sobre esta festividade, realizando lecturas, traballos, manualidades, murais, escoitando cancións ou vendo algún vídeo  no que aprendemos máis sobre a orixe desta conmemoración. O venres, 29 celebramos este día e viñemos disfrazados e disrfazadas. Foi terroríficamente divertido!

 

        

 

   

 

   

 

   

Actividades dos nenos e nenas de 4 anos: merenda con elaboración de caras terroríficas, a pantasma COME - MEDOS e coroas con caras de diferentes emocións.

 

O alumnado de 5 anos B preparou un cemiterio de libros, onde estaban aqueles esquecidos ou non lidos. Pero coa súa axuda, que quixeron ler eses libros e escoitar esas historias, conseguiron revivilos!

 Traballo realizado polo alumnado de 4º de Educación Primaria: "Sempre hai que lembrar". 

 PREME AQUÍ

 

domingo, 24 de octubre de 2021

FROITA NOS RECREOS

 Unha da iniciativas innovadoras a desenvolver no CEIP de Arzúa, co obxectivo de promover hábitos de vida saudable, é a de levar a cabo "hábitos de alimentación saudable".

Pretendemos ademais traballar o tema da saúde a través das emocións e a maneira de como estas repercuten na saúde. Darase comenzo co reparto de froita no recreo para todo o alumnado do centro, aproveitando o contido nutricional e coñecendo e experimentando as características destes alimentos, ademais do papel fundamental que xogan en torno ás emocións.

Fotomural Frutos de dibujos animados con las emociones • Pixers® - Vivimos  para cambiar

 

 Este reparto dará comenzo o martes 26 de outubro, teremos mandarina e plátano.

Emociones. Cara Triste. Mandarinas Y Plátanos En Forma De Cara Alterada  Sobre Fondo Azul Foto de archivo - Imagen de tristeza, fondo: 204657822Un Plátano En Forma De Figura Humana Que Lleva Mandarinas Con Rodajas  Voladoras De Mermelada Sobre Un Fondo Blanco Aislado Imagen de archivo -  Imagen de color, refresco: 184550409

Dúas froitas coas que poderemos empezar a experimentar, potenciando o seu consumo.

 

Para xoves e venres teremos outras dúas froitas: melón e mazá vermella.

viernes, 1 de octubre de 2021

NA AULA DE 5 ANOS A COÑECEN A GRANADA

 A granada é unha das froitas da tempada de outono. Os nenos e nenas de 5 anos A coñeceron e traballaron esta froita. O proceso de pelar, desgranar e baleirar a granada é máis complexo que o doutras froitas; as súas pebidas teñen un sabor agridóce e quezais polo entretemento de ilas sacando soe gustar aos máis pequenos/as.

A granada vén do granado e posúe numerosos beneficios para a saúde, xa que conta con moitas propiedades. Na aula, os nenos e nenas foron aprendendo cousiñas destra froita.