Outro alimento rico, san e ademais moi importante na historia e nas tradiciónd de Galicia son as castañas.
No Magosto do ano 2022 o alumnado de 4 Anos A fixo unhas cestiñas ben paveras para comer as súas castañas.
Outro alimento rico, san e ademais moi importante na historia e nas tradiciónd de Galicia son as castañas.
No Magosto do ano 2022 o alumnado de 4 Anos A fixo unhas cestiñas ben paveras para comer as súas castañas.
Esta semana na aula de 5 Anos traballamos a obra do Archimboldo.
Despois duha posta común en asamblea elaboramos unha lista de froitas e verduras e a súa importancia na nosa dieta.
Finalmente , cada peque elaborouna súa propia de arte , o seu Archimboldo particular 🎨
Dentro do programa Ti si que es un bo peixe! o alumnado de 2º de EP desprazouse ata Porto do Son para mergullarse in situ nalgunhas das actividades relacionadas co mundo mar e da pesca. En concreto, tiveron o privilexio de coñecer de primeira man a importante labor das redeiras; así coma o crecente uso do plástico para confeccionar as redes de pesca e á contaminación que iso conleva para o mar.







O pasado 2 de marzo, coincidindo coa celebración da Festa do Queixo, os nenos/as de 3 anos B recibimos a visita das alumnas da EFA Piñeiral. Con elas, aprendemos acerca dos lácteos, da súa procedencia e da súa importancia para acadar un desenvolvemento axeitado. O fío condutor dos contidos abordados foi a personaxe da vaca Antonia, á cal lle tivemos que axudar a recuperar as súas manchas para que poida seguir dando leite de calidade para a elaboración de queixos como o de Arzúa.
Sabemos que non só é imporante unha dieta variable , senón que tamén no noso organismo xoga un papel fundamental a auga.
Por elo comenzamos a traballar esta importancia co visionado dun video e elaborando as nosas propias gotas de auga, traballando a importancia do seu beneficio tanto para o noso corpo como para a vida do noso planeta .
Na aula de 5 anos aproveitamos esta actividade para traballar os lácteos, todo o que co leite podemos elaborar, a importancia de consumilos diariamente na nosa dieta e de onde proveñen.
Analizamos tamén con esats profes a importancia do movemento e o deporte diario para que o noso corpo se manteña forte e san!
Este xoves , na aula de 6º de Educacion Infantil , visitáronos uns personaxes ben simpáticos dos que aprendimos moreas de cousas relacionadas coa boa alimentación e hábitos saudables.
Comezamos poñendolle noime , co que , despois de varias opcións , tivemos que chegar a un acordo .
Na nosa aula chamarémoslle FRUVER( froitas e verduras) e SUPER LIMPIA ( a nosa super heroína dos bos hábitos hixiénicos ).
O venres, FRUVER E SUPER LIMPIA ofrecéronnos un menú de almorzo saudable no comedor escolar que estaba deliciosooo: leite, froita, torradas con tomate e xamón, ... un almorzo co que collemos enerxía para o resto do día!!
Na nosa aula coñecemos a importancia de unha boa saúde e uns bos hábitos saudables :lavamos a mans antes de comer, despois de ir ao baño, cepillamos os dentes e andamos na procura de comer cada dia que pasa dun xeito maís saudable, tentando probar diferentes froitas e verduras e facémolo a través de actividades lúdicas que desperten o noso interés e a través das cales podemos coñecer gran variedade de froitas e verduras.
Na aula de 3 anos A, leron un conto aos nenos e nenas sobre unha vaca. Falaron do conto, explicando tamén o tema do queixo e a súa elaboración.
Finalizaron cunha vaca nun póster xigante que trouxeron e no que o alumnado estampou as súas mans no seu interior con pintura de dedos.
Este luns, tivemos a sorte de recibir no salón de actos do noso colexio a dúas xogadoras de fútbol do Victoria FC de Santiago, Alba e Marta, e a dous xogadores do S.D. Compostela, Martín e Roque.
Fixéronse as presentación destes xogadores e xogadoras, no que se falou das súas traxectorias profesionais para dar paso a falar e debater sobre por que é importante practicar deporte.
Saíron respostas moi axeitadas tales como: é importante para a saúde física e mental, promove a igualdade, apréndese a respectar a autoridade, promove a disciplina…
Damos as grazas á Sociedade Deportiva do Compostela por achegar aos nosos cativos e cativas estes bos consellos sobre a importancia de facer exercicio e deporte e que sexan catro profesionais do deporte os que lles transmitan estas boas prácticas.
Ademais, tiveron o detalle de traer entradas para os partidos da próxima fin de semana e varios agasallos para sortear entre o alumnado. Estes foron os nenos e nenas premiados e premiadas: