miércoles, 12 de abril de 2023

A IMPORTANCIA DOS LÁCTEOS EN 3 ANOS B

O pasado 2 de marzo, coincidindo coa celebración da Festa do Queixo, os nenos/as de 3 anos B recibimos a visita das alumnas da EFA Piñeiral. Con elas, aprendemos acerca dos lácteos, da súa procedencia e da súa importancia para acadar un desenvolvemento axeitado. O fío condutor dos contidos abordados foi a personaxe da vaca Antonia, á cal lle tivemos que axudar a recuperar as súas manchas para que poida seguir dando leite de calidade para a elaboración de queixos como o de Arzúa. 




Grazas pola visita! Aprendemos moito e pasámolo xenial. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario