martes, 25 de mayo de 2021

SEMENTANDO SAÚDE

  Os nenos e as nenas de 5 Anos A trouxeron sementes de hortalizas e verduras para sementalas na clase (cenorias, leitugas, rúcula, rabanetes e puerros). Aprenderon que necesita unha planta para medrar, as súas partes, cómo se reproducen, que podemos comer delas, cantas cousas boas nos proporcionan e un montón de cousas máis.

Tamén puxemos a enraizar varias legumes como fabas, lentellas e garbanzos.garbanzos. Poideron ver como son as raíces dunha planta, como saen da "semente", que hai que esperar un tempo para que medren e que todas estas plantas que podemos cultivar na nosa horta son moi importantes para a nosa alimentación e para a nosa saúde.

Conseguimos unha boa colleita! 






















No hay comentarios:

Publicar un comentario