
jueves, 30 de mayo de 2024
CARTEIS DE HÁBITOS SAUDABLES
O alumnado de 4º A, na área de Proxecto Competencial, elaborou uns carteis con diferentes hábitos saudable. Primeiro, fixemos unha investigación guiada na rede. Despois, anotamos os hábitos saudables que considerábamos máis importantes nun papel. E, por último, a través da aplicación CANVA elaboramos dous carteis co obxectivo de colocalos polos corredores do colexio e así dar a coñecer estes hábitos ao resto dos nosos compañeiros e compañeiras.
jueves, 9 de mayo de 2024
XOGO ALIMENTOS SAUDABLES CON SCRATCH- 4º EP
O alumnado de 4ºA e 4ºB estivo traballando durante seis sesións coa plataforma Scratch. As nenas e nenos de 4º EP aprenderon a planificar o traballo. Elixiron o fondo (escenario), os personaxes (obxectos) e as imaxes que querían incluír. Ao final, foron capaces de crear un xogo para distinguir os alimentos saudables e non saudables.
Queremos deixarvos aquí unha mostra dun deses xogos. Se queredes probar o xogo de Scratch , premede en: Acceso ao xogo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)