miércoles, 16 de junio de 2021

OBRADOIRO: "Fai click ao teu bocata"

O día 9 de xuño tivo lugar no noso centro o obradoiro "Fai click ao teu bocata".


A finalidade deste obradoiro é traballar os seguintes obxectivos:

  • Transmitir aos nenos e nenas de Educación Infantil a importancia dos produtos en conserva, do peixe e do marisco na dieta, en relación coas súas achegas nutritivas.
  • Fomentar o seu consumo, de forma saudable e atractiva.
  • Potenciar o consumo de produtos do mar en conserva entre os nenos e nenas.
  • Espertar o interese polo medio mariño e as súas especies.
  • Coñecer a procedencia dos productos do mar en conserva e a súa clasificación.
  • Coñecer a transformación dunha materia prima nun alimento elaborado.
  • Coñecer os beneficios das conservas de produtos do mar.
  • Adquirir hábitos de alimentación axeitados.
Para iso faláronnos dos produtos do mar: a sadiña, o calamar, o atún...






O anzol para pescar o calamar chámase: POTEIRA.





Ensináronnos como se pescan (artes de pesca)e presentáronnos a dúas familias:
- LATA E A SÚA FAMILIA: BOTE E TRILATAS. Representan o conxunto de produtos mariños en conserva.
- PAN E A SÚA FAMILIA: MILLO E MOLDE. Representan o conxunto de produtos do mundo panadeiro, ampliando a variedade de panes cos que poder facer bocatas.


Finalmente, agasalláronnos con un bocata de sardiñas, leituga, tomate e queixo, que por certo estaba boísimo!
Pero tamén nos deixaron outros agasallos que nos gustaron moito!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario