O alumnado de 5º fixo a seguinte actividade: elaboración
dun menú saudable.
Logo de estudar hábitos alimenticios, intentaron elaborar menús balanceados; é dicir, consumir alimentos dos diferentes grupos e nas proporcións adecuadas.
Aquí veredes o resultado:
Agora que se achega o bo tempo, apetece comer máis froita fresquiña.
Con isto, fixeron unha actividade moi divertida! Elaboraron figuras realizadas con froitas.
Deste xeito, preténdese que adquiran hábitos saudables na alimentación a través do xogo. Estaban sabrosísimas!
Aquí veredes os resultados:
No hay comentarios:
Publicar un comentario