Neste tempo de confinamento, os nenos e nenas de 3 anos A traballan coa gran implicación das súas familias, orientadas pola súa mestra Alicia. Esta vez o tema é o dos ALIMENTOS.
Levaron a cabo varias actividades, entre elas destacamos as seguintes:
- Escribir a palabra coas maiúsculas: ALIMENTOS e marcar as vogais.
- Poideron falar dos alimentos que mais lles gustan e ao mesmo tempo identificar as fases do día nas que se toman eses alimentos: almorzo, xantar, merenda e cea, axudándolles deste xeito no coñecemento das nocións temporais: mañán, mediodía, tarde e noite.
- Introducíronse na orixe dos alimentos: orixe animal, orixe vexetal e orixe mineral facendo nunha cartolina os tres grupos e recortando alimentos para pegalos no grupo correspondente.
- Fixeron en familia algunha receita, aproveitando para falar de ingredientes, cantidades (cullerada, pizca, gramos...).
Pero... a profe tamén recomenda aos nenos e nenas practicar exercicio físico, moi importante para unha boa saúde.
Grazas familias e nenos/as por seguir formando parte das nosas vidas aínda que sexa dende a distancia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario