O xoves 27 de febreiro de 2020, os nenos e nenas de 5º de Infantil B foron ao supermercado da vila para poder mercar os ingredientes necesarios para elaborar galletas, actividade que desenvolveron o mércores 3 de marzo.
Aproveitando a saída pola contorna, foron vendo os diferentes edificios e tendas que atopaban polo camiño (cuartel da garda civil, taller de coches, zapatería, ferretería...) e unha vez que chegaron ao supermercado foron visitando as diferentes seccións e vendo o que nelas había.
Pasaron pola froitería, pastelería/panadería, charcutería, carnicería e pescadería.
Os nenos e nenas non sabían como se chamaba a sección onde estaba o "chourizo, xamón, mortadela..." polo que lle preguntaron á dependenta, a cal lles explicou que todos eses produtos tiñan un nome común que era "fiambre" e que estaban na charcutería.
Logo pasaron pola pescadería e os nenos e nenas pensaban que había polbo, preguntáronlle á dependenta e ensinoulles un pequeno polbo e unha pota, explicándolles a diferenza entre eles. Tamén puideron ver que había peixes de diferentes tamaños.
A derradeira zona pola cal pasaron foi a dos produtos de repostería, que estaban ao lado das neveiras, onde tiñan que coller manteiga. Pero chegados a esa zona, non atopaban un dos ingredientes, polo que lle pediron axuda a outra das dependentas, a cal os levou a outra zona onde estaba o produto.
Pasárono xenial!
No hay comentarios:
Publicar un comentario