Un ano máis, o CEIP de Arzúa, celebra o Samaín realizando unha morea de actividades para dar a coñecer esta festa, que representa a época do ano en que os antigos celtas gardaban as provisións para o inverno e sacrificaban animais. Remataba o tempo das colleitas e tocaba prepararse para a chegada do frío.
Os corredores do centro enchéronse de cabazas e vasoiras decoradas con motivos relacionados co cinema, a temática deste curso, e a biblioteca preparou o seu recuncho de lecturas de medo.
O alumnado de E. Infantil fixo moitas manualidades relacionadas co Samaín e desfrutaron onte dunha xornada moi especial.
Pero tamén houbo momentos para gozar do cinema e ata unha bruxa visitou aos máis pequenos e pequenas do cole!!
Os maiores tamén viron curtametraxes de medo que lles serviron para traballar a expresión oral e escrita e os de 6ºE.P prepararon PowerPoints, onde intentaron resumir o máis importante desta festa celta.
Deixámosvos un PowerPoint realizado polo alumnado de 6ºE.P. Esperamos que vos axude a entender un pouco mellor o Samaín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario