jueves, 1 de febrero de 2024

PAZ FRUTÍFERA

 Os nenos e nenas de 3°, 4°, 5° e 6° de Educación Primaria do CEIP de Arzúa, co motivo do Día da Paz, fixeron na clase de Relixión un mural moi "froiteiro" que titularon "Paz Frutífera", con debuxos de froitas e palabras relacionadas coa paz.

Neste traballo quixeron amosar que para acadar a Paz temos que alimentala de froitas que conteñan  un importante aporte vitamínico de respecto, perdón, xenerosidade, bondade...e con un alto contido na fibra do Amor cuxo principal beneficio é o mellor funcionamento do noso  mundo.

Animámosvos a consumir estas saborosas e saudables froitas que vos darán moita enerxía positiva e traerán moita Paz ás vosas vidas.







SAÍDA AO SUPERMERCADO

 O alumnado do segundo curso de Primaria do CEIP de Arzúa fixo unha saída didáctica a un supermecado da vila para que coñeceran de primeira man onde atopar os produtos de alimentacion saudable no establecemento, normas de hixiene... 

Coñeceron tamén o EPI usado na carnicería. Degustaron un petisco saudable elaborado a base de froitas e lácteos (bebibles) e finalmente recibiron un agasallo (bolsa, lápiz para plantar unha hortaliza, froita, auga e vale desconto).













miércoles, 3 de enero de 2024

UN DIVERTIDO TALLER DE GALLETAS NAVIDEÑAS - 4 ANOS B


O pasado 20 de decembro, o elfo Pompón, propúxonos como actividade navideña a elaboración dunhas galletas de Nadal. Antes de poñernos mans á obra, profundamos no coñecemento da receita e as partes que a conforman. Así mesmo, detivémonos na exploración dos ingredientes que iamos empregar facendo fincapé na súa procedencia, nas súas propiedades e texturas e no seu beneficio para o noso organismo. Tras isto, comezamos a elaborar conxuntamente a masa traballando conceptos matemáticos, como as medidas e cantidades, dun xeito entretido: 


Logo, estimulamos a motricidade fina convertendo cada galleta nun obxecto de Nadal e, cando xa tiñamos a bandexa chea, acercámonos xunto a cociñeira Cris para metelas ao forno. 


Finalmente, degustamos a nosa receita á hora da merenda. Que ricas nos saíron!! Grazas Pompón, por propoñernos un momento tan divertido. 

sábado, 9 de diciembre de 2023

UNHA MERENDA DO MÁIS TERRORÍFICA - 4 ANOS B

O pasado 31 de outubro, aproveitando a festividade do Samaín, o alumnado de 5º de Educación Infantil B preparamos e degustamos unha merenda do máis terrorífica e especial. Previamente, profundamos no coñecemento dos alimentos que íamos empregar facendo fincapé na súa procedencia e no seu aporte nutricional ao noso organismo así como a regularidade coa que deben ser inxeridos. Logo, procedemos á súa manipulación deixando voar a imaxinación e caracterizando os alimentos da festividade que estabamos a celebrar. E aquí o resultado: 

                                

Que momento máis agradable pasamos e que merenda máis rica elaboramos!

viernes, 3 de noviembre de 2023

VIVAN AS CASTAÑAS!

As castañas son un moi nutritivo froito do outono.

Ademais de favorecer o equilibrio da glucosa, as castañas aportan minerais como calcio, magnesio, potasio, ferro, fósforo, sodio, iodo, selenio e zinc. Tamén conteñen vitaminas como a vitamina E, vitaminas do grupo B e ácido fólico.

As castañas están vencelladas á historia de Galicia dente tempos ancestrais. Ata a introducción das patacas no noso país, as castañas eran un dos alimentos máis importantes nas casas galegas, de aí que se lle adicasen festas coma o Magosto.

Na clase de 5 Anos A estivemos falando sobre elas para aprender cousas sobre este gran alimento e fixemos algunhas manualidades (unha máscara de castaña, outra de castañeira, un balancín dunha castaña, un adorno de boneco con forma de castaña para colgar, un cestiño para as castañas e unha bolsa de magosto para gardar todo) con motivo da celebración do magosto no cole.










O MAGOSTO

 “Por San Martiño faise o Magosto, con castañas asadas e viño ou mosto”.

 

MAGOSTO é unha festa tradicional na que os veciños e veciñas preparaban unha fogueira para asar castañas, compartilas e festexar esa noite.

Nós tamén celebramos o noso Magosto con castañas asadas e chocolatada.

Aínda que o tempo non permitiu desfrutar dos xogos tradicionais, degustamos as castañas e o chocolate ben quente cos nosos compañeiros e compañeiras.

miércoles, 14 de junio de 2023

O SEMÁFORO DOS ALIMENTOS - 3 ANOS B

Fai uns días, na aula de 4º de Educación Infantil B, comezamos a traballar sobre os alimentos. Nesta ocasión, tras ler o conto "Sabores: un cuento para comer sano", profundamos acerca da alimentación saudable e todos aqueles alimentos que son imprescindibles na nosa dieta para lograr que esta sexa sa, equilibrada e variada. Para elo, elaboramos un semáforo dos alimentos: 


Así mesmo, desfrutamos dun pequeno xogo: deixando voar a nosa imaxinación, e empregando os xoguetes da aula, cada neno/a realizaba unha comida. Entre todos/as intentabamos adiviñar que era e logo, conversabamos sobre se era saudable ou non e imprescindible na nosa dieta. 

OS ALIMENTOS - 3 ANOS B

Na aula de 4º de Educación Infantil B tamén estivemos investigando, no presente curso escolar, sobre os alimentos, o que aportan ao noso organismo, a súa procedencia, os diferentes grupos e a súa denominación e os establecementos nos que podemos mercalos. Todo isto a través de diferentes xogos e propostas lúdicas!

MERENDAS SAUDABLES CON HERVÉ TULLET - 3 ANOS B

Ao longo do curso escolar, na aula de 4º de Educación Infantil B, estivemos promovendo as merendas saudables para o coidado do corpo e un crecemento san. Porén, baseándonos na obra "La cocina de dibujos" de Hervé Tullet, personalizamos uns manteis cos que motivar ao alumnado na práctica dunha correcta alimentación. Todos os días, os nenos/as merendaban empregando as súas fermosas obras! 

martes, 23 de mayo de 2023

FAI CLICK AO TEU BOCATA: 9 DE MAIO

 Con este recurso, o alumnado participante no programa "Aliméntate ben", puido coñecer os beneficios das conservas do mar, incidindo así en hábitos de consumo alimentarios saudables e consumir os bocatas con ingredientes saudables.





Leváronse a cabo diferentes xogos:
- Coller unha comida saudable.
- Unha que proveña do mar.
- Unha saudable.



- Pescar e colocar na late correspondente: 
  • Os peixes
  • Os cefalópodos (que teñen moitas patas)
  • Os que teñen e viven dentro dunha cuncha







Posteriormento poideron disfrutar do seu bocata saudable,