jueves, 23 de marzo de 2023

jueves, 2 de marzo de 2023

ACTIVIDADE IMPARTIDA POLA EFA DE ARZÚA

 Na aula de 3 anos A, leron un conto aos nenos e nenas sobre unha vaca. Falaron do conto, explicando tamén o tema do queixo e a súa elaboración.

Finalizaron cunha vaca nun póster xigante que trouxeron e no que o alumnado estampou as súas mans no seu interior con pintura de dedos.












miércoles, 1 de marzo de 2023

A PRÁCTICA DO DEPORTE

 Este luns, tivemos a sorte de recibir no salón de actos do noso colexio a dúas xogadoras de fútbol do Victoria FC de Santiago, Alba e Marta, e a dous xogadores do S.D. Compostela, Martín e Roque.

Fixéronse as presentación destes xogadores e xogadoras, no que se falou das súas traxectorias profesionais para dar paso a falar e debater sobre por que é importante practicar deporte.

Saíron respostas moi axeitadas tales como: é importante para a saúde física e mental, promove a igualdade, apréndese a respectar a autoridade, promove a disciplina…

                               

Damos as grazas á Sociedade Deportiva do Compostela por achegar aos nosos cativos e cativas estes bos consellos sobre a importancia de facer exercicio e deporte e que sexan catro profesionais do deporte os que lles transmitan estas boas prácticas.

Ademais, tiveron o detalle de traer entradas para os partidos da próxima fin de semana e varios agasallos para sortear entre o alumnado. Estes foron os nenos e nenas premiados e premiadas:

                             

                           

lunes, 16 de enero de 2023

EIXO MOTIVADOR DO PROGRAMA NO CURSO 2022-23

 Trátase dun proxecto cuxa finalidade é promover unha alimentación saudable entre o alumnado, especialmente a través do consumo de froitas e hortalizas. É principalmente un taller interactivo, sensorial e audiovisual, a través da súa versión dixital para poder realizalo online.

As personaxes son: 

- Brocolín (brócoli)

- Pilgrim (cabaza)

- Yellow (pemento amarelo)

- Tina (tomate cherry)

- Sapiño (melón)

- Bimin (as xemelgas Bi e Mi)

Deste xeito porase en valor a agricultura, a natureza, o medio ambiente e o desenvolvemento sostible.

Aquí tes o enlace para que descubras...

La Pandi








PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITAS E LEITE

 




viernes, 18 de noviembre de 2022

lunes, 14 de noviembre de 2022

MAGOSTO

 O venres, 11 de novembro, día de San Martiño, celebramos unha das festas máis importantes do outono, o Magosto. Esta é unha celebración popular relacionada coa colleita das castañas onde os veciños se reúnen para asalas, bailar, xogar e festexar. E iso mesmo é que nós fixemos.

En primeiro lugar, elaboramos este mural colectivo que leva por título “Móllate neste Magosto” no que cada nivel escribiu e ilustrou poemas, refráns, adiviñas… relacionadas con esta conmemoración. Quedou así de bonito:

                                    

 

Logo, celebramos o Magosto con xogos popularesdegustación de castañas asadas e chocolatada. Foi unha xornada moi divertida onde desfrutamos moitísimo e nos acompañou un día maravilloso co  “verán de San Martiño”.

O alumnado de Educación Infantil participou en diferentes xogos que estaban repartidos por diferentes recunchos do colexio:

 

 1. Os globos

2.  A rá

3. Aros musicais

4. A corda

5. Carreia de sacos

 

    

Ao finalizar cada xogo, recibían unha peza dun puzle, que despois montaron na aula:

                                       

 

E para rematar a xornada, merendaron unhas deliciosas castañas asadas e tomaron un rico chocolate:

 

O alumnado de Educación Primaria tamén participou en diferentes xogos populares:

1. Chave e chapas

2. A rá

3. A pesca

4. Aros musicais

5. Tres en raia

6. A corda

7. Carreira de sacos

8. Mariola

9. Os panos

 

 

 

Logo, armaron o puzle de recompensa.

E para finalizar, degustaron as castañas e desfrutaron dun delicioso chocolate.

 

 

Unha xornada marabillosa! Feliz Magosto!

martes, 20 de septiembre de 2022

RESULTADO DA PLANTACIÓN DE SEMENTES DA FROITA DOS RECREOS

 O curso pasado, o alumnado de 5 anos A plantou as sementes do melón que consumían nos recreos, no invernadoiro do patio do colexio. Cando voltamos ás clases no curso actual,  este era o resultado.




A mestra Alicia, no mes de novembro recolleu o melón e levoullo aos nenos e nenas que este curso xa están en 1º A. Comérono todo!!!